DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2026 Páx. 6169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial do escudo heráldico e bandeira do Concello do Porriño.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria con data do 24 de novembro de 2025, aprobou inicialmente o escudo heráldico e bandeira do Concello do Porriño. O acordo sométese a exposición pública durante un prazo dun mes mediante publicación no DOG e taboleiro de edictos do concello, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que xulguen oportunas. En caso de non presentarse reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de novo acordo plenario.

O Porriño, 17 de decembro de 2025

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde