No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 229, do 28 de novembro de 2025, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo/a para a súa contratación en réxime de persoal funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición, de acordo coa oferta pública de emprego de 2024.
De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria –cando proceda, de conformidade coas bases– faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Padrenda, 29 de decembro de 2025
Manuel Pérez Pereira
Alcalde
