DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2026 Páx. 6096

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 29 de decembro de 2025 polo que se anuncia a convocatoria de probas selectivas para ingresar, por promoción interna e mediante concurso-oposición, nunha praza do corpo de letradas e letrados e se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección.

A Mesa do Parlamento de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 30.1.2ª e 60 do Regulamento do Parlamento de Galicia, e nos artigos 16, 23, 39 e 40 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, aproba as seguintes bases que rexerán o proceso selectivo para ingresar por promoción interna e mediante concurso-oposición nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia.

Bases

Primeira. Normas xerais

1.1. Finalidade e réxime xurídico aplicable.

O proceso selectivo para ingresar nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia ten por finalidade cubrir un posto de traballo vacante na relación de postos de traballo adscrito deste corpo.

O posto de traballo está dotado coas súas retribucións correspondentes, consignadas nos orzamentos do Parlamento de Galicia.

Este proceso selectivo está regulado polo Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia e polo disposto nestas bases. Aplicarase supletoriamente o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

1.2. Procedemento de selección.

Ao abeiro do establecido nos artigos 35, 39 e 40 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, o sistema de selección será por promoción interna mediante concurso-oposición.

1.3. Incompatibilidades.

O desempeño do posto de traballo que se ocupe, logo de se producir o ingreso no corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia, está suxeito ao réxime xeral de incompatibilidades establecido no Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

Segunda. Requisitos das persoas aspirantes

2.1. Xerais.

As persoas aspirantes, para poderen ser admitidas ás probas selectivas, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira dos corpos superior ou de xestión do Parlamento de Galicia e ter unha antigüidade neses corpos de, cando menos, dous anos, de conformidade co establecido nos artigos 39 e 40 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais, na situación de excedencia por coidado de familiares, na situación de excedencia por razón de violencia de xénero e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista.

b) Non exceder a idade de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do título de licenciada ou licenciado en Dereito ou do grao en Dereito, ou ben en condicións de obtelo.

d) As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será aplicable ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

e) Non padecer unha doenza ou unha discapacidade que impida o desempeño das funcións correspondentes e posuír as capacidades e as aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

f) Non ter sido obxecto de separación de servizo de calquera Administración pública mediante un expediente disciplinario nin dunha inhabilitación con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.

2.2. Concorrencia.

Os requisitos establecidos no punto anterior deberanse cumprir no último día do prazo de presentación de solicitudes e deberanse manter ata o momento da toma de posesión.

Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence ao corpo obxecto desta convocatoria.

Terceira. Solicitudes

As persoas que desexaren tomar parte nas probas selectivas deberán formular a súa solicitude segundo o modelo que figura no anexo II destas bases, que tamén estará dispoñible na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

O prazo de presentación será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte día ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Dentro do prazo que se sinala no parágrafo anterior, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude, dirixida á Presidencia do Parlamento de Galicia, na sede electrónica do Parlamento de Galicia (https://sede.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes tamén se poderán presentar no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia, na rúa do Hórreo nº 63, 15701 Santiago de Compostela, ou na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3.1. Idiomas.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe «Idioma do exame», se o texto do exercicio se deberá entregar en lingua galega ou en lingua castelá. Despois de realizar a escolla e de presentar a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar a opción elixida.

Alén disto, se as persoas aspirantes, con carácter voluntario e non eliminatorio, desexaren presentarse ao exercicio de tradución de linguas estranxeiras que se detalla posteriormente, deberán indicar o idioma comunitario da súa escolla na súa solicitude. Logo de realizar a escolla e de presentar a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar a opción.

3.2. Documentación.

– O modelo de solicitude completado, segundo o anexo II.

– Unha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI).

– O xustificante de ter aboados os dereitos de exame ou, na súa falta, se for o caso, a documentación acreditativa de estar nalgunha das situacións susceptibles da exención do pagamento a que fai referencia esta convocatoria.

3.3. Dereitos de exame.

O importe dos dereitos de exame será de corenta e catro euros e dezasete céntimos (44,17 €), que se aboarán mediante unha transferencia bancaria na conta corrente ES 50 2080 0388 21 3110000502 en Abanca, na cal se indicará, como concepto, «Taxas selección PICLPG», ademais do nome e dos apelidos, e do DNI da persoa aspirante.

A Administración devolveralles o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o solicitaren no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (BOPG).

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

No entanto, estará exento do pagamento da taxa dos dereitos de exame quen acredite debidamente estar incurso nalgunha das situacións a que fai referencia a normativa vixente na materia de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.4. Discapacidade.

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento poderán solicitar, se for necesario e xustificado, as posibles adaptacións de tempo e os medios especiais para realizaren os exercicios.

De ser o caso, deberano indicar na súa solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente, e deberán achegar coa solicitude a documentación acreditativa correspondente. No caso de formularen a solicitude por sede electrónica, para a compulsa da documentación achegada, aplicarase o disposto no parágrafo final da base 8.1.

Se a solicitude derivar dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun (1) mes desde que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas vinte e catro (24) horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

Cuarta. Admisión de persoas aspirantes

Tras expirar o prazo de presentación de solicitudes, a Presidencia do Parlamento aprobará as listaxes provisionais das persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución, que será publicada no BOPG, con indicación dos seus apelidos, do seu nome e de catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade e das causas das exclusións que procederen. As listaxes referidas serán publicadas no portal web da Cámara.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no BOPG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes afectadas poderán acceder á solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.

A estimación ou a desestimación destas peticións de corrección entenderanse implícitas nunha nova resolución da Presidencia, que será publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, pola cal se aprobarán as listaxes definitivas das persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web. Esa resolución definitiva determinará o lugar, a data e a hora do comezo do primeiro exercicio.

O feito de figuraren na relación de persoas admitidas non prexulgará que lles sexa recoñecida ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participaren no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar, tras superaren o proceso selectivo, se revele que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán de todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

Contra esta resolución poderase interpor un recurso potestativo de reposición ante a Presidencia no prazo dun (1) mes, ou ben poderase interpor directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, ambos os dous contados desde o día seguinte ao da súa publicación no BOPG, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinta. Tribunal cualificador

5.1. Composición.

O tribunal cualificador das probas selectivas será designado pola Presidencia da Cámara, de acordo co establecido no Acordo da Mesa do Parlamento, do 17 de xullo de 2024, polo que se aproban as normas sobre a composición dos tribunais dos procesos selectivos e das comisións de valoración da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 54, do 22 de xullo).

A resolución do nomeamento será publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, no Diario Oficial de Galicia e no portal web.

Correspóndenlle ao tribunal cualificador as funcións relativas á determinación concreta do contido dos exercicios e a cualificación das persoas aspirantes, así como, en xeral, a adopción de todas as medidas que foren precisas para o desenvolvemento correcto do proceso selectivo. O tribunal queda facultado para resolver todas as dúbidas que xurdan na interpretación e na aplicación das normas contidas nas bases desta convocatoria e para determinar a actuación procedente nos casos non previstos.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros e, en calquera caso, da Secretaría e da Presidencia.

As decisións serán adoptadas por maioría dos membros presentes.

Por cada sesión do tribunal estenderase unha acta, coa sinatura do secretario ou da secretaria e co visto e prace do presidente ou da presidenta.

O tribunal poderá dispor a incorporación aos seus traballos de persoas asesoras especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide necesario, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destas persoas deberase comunicar á Presidencia do Parlamento de Galicia.

5.2. Abstención e recusación.

Os membros do tribunal deberanse abster de intervir cando concorreren neles as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. En calquera caso, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorresen neles algunha das circunstancias referidas no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

A Presidencia do tribunal, na súa sesión constitutiva, solicitaralles aos seus membros unha declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas nos artigos 23 e 24 da citada Lei 40/2025.

Sexta. Proceso de selección

6.1. Fase de oposición.

O programa das probas selectivas é o que figura como anexo I. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa, que, ata a data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes, estean publicadas no boletín ou no diario oficial correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estivese diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que, se é o caso, substitúan as normas total ou parcialmente derrogadas ata a data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6.1.1. Exercicios da fase de oposición.

a) Primeiro exercicio.

É de carácter obrigatorio. Consistirá en responder por escrito, durante un tempo máximo de 75 minutos, un cuestionario de cen (100) preguntas, máis cinco (5) preguntas de reserva para o caso de se anular algunha das primeiras. O exercicio será tipo test, con tres respostas alternativas, das cales só unha será a correcta. Estará proposto polo tribunal e as cuestións serán relativas aos bloques I ao IV do temario.

Por cada pregunta incorrecta non se descontará puntuación.

O primeiro exercicio será cualificado entre 0 e 10 puntos e, para superalo, é preciso obter un mínimo de 5 puntos.

b) Segundo exercicio.

É de carácter obrigatorio. Consistirá na redacción dun informe xurídico, por un tempo máximo de catro horas, sobre unha cuestión derivada da actividade do Parlamento de Galicia, baseada no contido dos bloques I e II do temario, que as persoas aspirantes escollerán entre dúas cuestións propostas polo tribunal.

Para realizaren este exercicio, as persoas aspirantes poderán utilizar textos legais e xurisprudenciais. Cada aspirante proverase dos seus propios textos, sen prexuízo das achegas que realice o tribunal das normativas sectoriais específicas, para o caso de que sexan necesarias.

O segundo exercicio será cualificado entre 0 e 20 puntos e, para superalo, cómpre obter un mínimo de 10 puntos.

Correspóndelle ao tribunal determinar a súa puntuación atendendo á resolución correcta do suposto, aos coñecementos reflectidos, á claridade, á orde de ideas e á claridade da expresión escrita.

c) Terceiro exercicio.

É de carácter obrigatorio. Consistirá na redacción dun informe xurídico, por un tempo máximo de catro horas, sobre unha cuestión derivada da actividade da Administración do Parlamento de Galicia, baseada no contido dos bloques III e IV do temario, que as persoas aspirantes escollerán entre dúas cuestións propostas polo tribunal.

Para realizaren este exercicio as persoas aspirantes poderán utilizar textos legais e xurisprudenciais. Cada aspirante proverase dos seus propios textos, sen prexuízo das achegas que realice o tribunal das normativas sectoriais específicas, para o caso de que sexan necesarias.

O terceiro exercicio será cualificado entre 0 e 20 puntos e, para superalo, cómpre obter un mínimo de 10 puntos.

Correspóndelle ao tribunal determinar a súa puntuación atendendo á resolución correcta do suposto, aos coñecementos reflectidos, á claridade, á orde de ideas e á claridade da expresión escrita.

d) Cuarto exercicio.

É de carácter obrigatorio. Consistirá na tradución do galego para o castelán e do castelán para o galego dun texto de carácter parlamentario.

Este exercicio será cualificado como apto ou apta ou como non apto ou non apta.

Están exentas de realizaren este cuarto exercicio as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou do curso de perfeccionamento de galego, ou equivalente, coa validación correspondente expedida polo órgano competente na materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

e) Quinto exercicio.

É de carácter voluntario. Consistirá na tradución dun texto ou textos, propostos polo tribunal, do idioma oficial da Unión Europea distinto do castelán solicitado polas persoas aspirantes.

O quinto exercicio será cualificado entre 0 e 10 puntos e, para superalo, é preciso obter un mínimo de 5 puntos.

6.1.2. O anuncio de realización dos exercicios da fase de oposición publicarase no portal web corporativo do Parlamento de Galicia con, polo menos, setenta e dúas (72) horas de anticipación á hora sinalada para o seu inicio.

6.1.3. A presidenta ou o presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. Para iso, utilizaranse impresos adecuados. O tribunal excluirá as persoas aspirantes cuxos exercicios presentaren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

6.1.4. A fase de oposición terá unha puntuación total de 60 puntos. Para superar a fase de oposición será necesario alcanzar, polo menos, un mínimo de 25 puntos e ter a cualificación de apto ou apta no cuarto exercicio, sen prexuízo do establecido nesta base respecto da súa exención.

Correspóndelle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

6.1.5. Após finalizar a corrección da totalidade dos exercicios da fase de oposición, a puntuación será publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e no portal web do Parlamento de Galicia. No prazo dos tres (3) días hábiles seguintes, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que coidaren oportunas ante o tribunal.

6.1.6. As persoas aspirantes deberanse presentar para a realización de cada exercicio provistas do DNI ou do documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Igualmente, deberán levar bolígrafo azul ou negro.

6.1.7. Os exercicios serán realizados a porta pechada, sen outra presenza que as persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas colaboradoras designadas por este.

6.1.8. As persoas aspirantes non poderán acudir ao recinto do exame provistos de teléfono móbil nin de dispositivos de carácter electrónico.

6.2. Fase de concurso.

A fase de concurso non terá carácter eliminatorio, de modo que a puntuación acadada será sumada á puntuación da fase de oposición, polo que o máximo de puntos atribuíbles en razón dos méritos alegados no concurso será, en calquera caso, de 40 puntos.

Na fase de concurso, que só se aplicará a aquelas persoas aspirantes que superaren a fase de oposición, valoraranse os seguintes méritos:

A) A experiencia profesional previa e o traballo desenvolvido no Parlamento de Galicia.

a) Polos servizos prestados na Administración parlamentaria en postos de traballo do grupo A ou B, estando en posesión da licenciatura en Dereito: 0,06 puntos por mes ou fracción traballado.

b) Polos servizos prestados noutra Administración pública en postos de traballo do grupo A ou B estando en posesión da licenciatura en Dereito: 0,02 puntos por mes ou fracción traballado.

c) Polos servizos de avogacía prestados no sector público: 0,20 puntos por mes ou fracción traballado.

A valoración máxima polo traballo realizado será de 6 puntos.

B) Os cursos de formación e de perfeccionamento.

Serán valorados como mérito a importación ou a superación dos cursos de formación cunha duración mínima de 12 horas que fosen realizados nos 20 anos anteriores á convocatoria do concurso e organizados ou promovidos polo Parlamento de Galicia, polas escolas oficiais de formación das comunidades autónomas, polas universidades, polas administracións públicas ou por outras entidades públicas, sempre que, neste último caso, os cursos contaren cunha homologación oficial.

Puntuarase a formación atendendo á seguinte distribución:

a) Cursos sobre aplicacións e programas informáticos relacionados coa actividade do Parlamento de Galicia. Valorarase en razón de 0,01 puntos por hora de formación, ata un máximo de 3 puntos. Para o efecto, deberanse detallar previamente aqueles cursos que se consideren relacionados coa actividade da Cámara.

b) Cursos sobre calquera cuestión relacionada coa actividade do Parlamento de Galicia. Valorarase en razón de 0,01 puntos por hora de formación, ata un máximo de 10 puntos.

c) Cursos sobre temática directamente relacionada coa área funcional ou coas tarefas propias do posto para o cal se concursa. Valorarase en razón de 0,02 puntos por hora de formación, ata un máximo de 12 puntos.

d) Cursos de linguas distintas do galego impartidos por escolas oficiais. Valoraranse en razón de 0,01 puntos por hora de formación, ata un máximo de 3 puntos.

e) Cursos ou conferencias impartidos pola persoa aspirante sobre as materias referidas nos puntos anteriores, na propia institución ou en calquera outra Administración pública ou organismo dependente. Valoraranse incrementando a puntuación (puntos por hora) dos anteditos parágrafos nun 50 por cento, ata un máximo de 10 puntos.

A valoración máxima dos cursos de formación será de 16 puntos.

C) O grao de coñecemento de lingua galega.

Valorarase a formación especializada en lingua galega coa seguinte cualificación:

a) Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou Celga 5: 1,5 puntos.

b) Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos.

A valoración máxima polo grao de coñecemento da lingua galega será de 3 puntos.

D) As titulacións académicas.

Non se valorarán títulos académicos imprescindibles para acadar outros de nivel superior que se aleguen como méritos nin se valorarán os títulos académicos exixidos para ingresar no corpo de funcionarias e funcionarios correspondente. As titulacións distintas das referidas serán valoradas coa seguinte cualificación:

1. Titulacións académicas en xeral.

1.1. Titulacións non universitarias.

– Titulación de grao medio ou asimilada: 0,50 puntos.

– Titulación de grao superior ou asimilada: 0,75 puntos.

1.2. Titulacións universitarias oficiais.

– Titulación de grao ou asimilada: 1 punto.

– Titulación de máster: 2 puntos.

– Doutoramento: 3 puntos.

1.3. Formación permanente de posgrao.

– Titulación universitaria de experto: 0,25 puntos.

– Titulación universitaria de especialista: 0,50 puntos.

2. Titulacións académicas relacionadas co posto de traballo, especificadas na convocatoria correspondente.

2.1. Titulacións non universitarias.

– Titulación de grao medio ou asimilada: 0,75 puntos.

– Titulación de grao superior ou asimilada: 1 punto.

2.2. Titulacións universitarias oficiais.

– Titulación de grao ou asimilada: 1,5 puntos.

– Titulación de máster: 2,5 puntos.

– Doutoramento: 4 puntos.

2.3. Formación permanente de posgrao.

– Titulación universitaria de experto: 0,75 puntos.

– Titulación universitaria de especialista: 1 punto.

A puntuación máxima por titulacións académicas será de 4 puntos.

E) A antigüidade.

A antigüidade será valorada por anos de servizos e computaranse tamén, para estes efectos, os servizos recoñecidos que foron prestados con anterioridade á adquisición da condición de funcionario ou funcionaria de carreira do Parlamento de Galicia.

Diferenciarase a puntuación en función dos corpos ou das escalas en que se prestou o servizo, atendendo ao seguinte baremo:

a) 0,40 puntos por ano completo de servizos prestados en corpos ou escalas do mesmo nivel de titulación ou superior no cal se atope clasificado o posto a que se opta.

b) 0,20 puntos por ano completo de servizos prestados en corpos ou escalas de inferior nivel de titulación no cal se encontre clasificado o posto a que se opta.

Esta puntuación será asinada porcentualmente aos períodos inferiores a 1 ano, cunha duración mínima de 1 mes.

A puntuación máxima por antigüidade será de 5 puntos.

F) O exercicio de dereitos de conciliación.

Teranse en conta os seguintes dereitos de conciliación exercidos nos 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria. Os meses serán computados por días naturais de 30 días:

a) Permiso por parto, por adopción ou por acollemento (artigos 1 e 2 das Normas que amplían os dereitos do persoal, aprobadas polo Acordo da Mesa, do 14 de febreiro de 2020): 0,20 puntos.

b) Permiso como proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, por garda con fins de adopción, por adopción ou por acollemento dun fillo ou filla (artigo 3 das Normas que amplían os dereitos do persoal, aprobadas polo Acordo da Mesa, do 14 de febreiro de 2020): 0,20 puntos.

c) Redución de xornada prevista no artigo 59.1.f) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia: 0,02 puntos por mes.

d) Excedencia para o coidado de fillos ou fillas e de familiares, prevista no artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: 0,04 puntos por mes.

A puntuación máxima desta sección será de 2 puntos.

G) Méritos específicos.

1. Pola publicación de obras de índole científico-xurídica:

a) Pola autoría única dun libro: 2 puntos por publicación.

b) Pola autoría dun artigo: 0,5 puntos por publicación.

c) Por coautorías de libros ou artigos: a puntuación referida en proporción ao número de autores.

2. Por méritos académicos:

a) Por expediente académico: ata 4 puntos.

b) Por premios de índole xurídica: ata 1 punto por premio (máximo de 3 puntos).

A puntuación máxima desta sección será de 9 puntos.

6.2.3. Os méritos alegados nos puntos anteriores deberanse referir á data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

6.2.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas no BOPG e na páxina web do Parlamento de Galicia, con posterioridade á finalización do prazo para presentar as alegacións ás puntuacións da fase de oposición.

As persoas aspirantes disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, para efectuaren ante o tribunal as alegacións que coidaren oportunas respecto da puntuación outorgada na fase de concurso.

6.2.5. A documentación acreditativa de todos os méritos valorables deberase xuntar á solicitude e deberase acreditar coa seguinte documentación, segundo o modelo do anexo IV:

a) A certificación da unidade administrativa do Parlamento de Galicia competente na materia de recursos humanos, no caso de servizos prestados no Parlamento de Galicia.

b) A certificación da unidade de persoal do organismo correspondente, no caso de servizos prestados noutras administracións públicas. No suposto de que estes servizos xa consten na Administración parlamentaria, poderanse acreditar coa certificación da unidade administrativa do Parlamento de Galicia competente na materia de recursos humanos.

Xunto co certificado, achegarase a documentación acreditativa debidamente compulsada dos méritos nel reflectidos, entre a cal se encontrará o nomeamento como persoal funcionario, interino, contratado administrativo ou contratado laboral.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ao establecido nestes puntos ou que, en calquera caso, non acompañen a documentación acreditativa dos méritos reflectidos na certificación.

c) Os méritos referidos á experiencia da avogacía no sector privado acreditaranse mediante o documento expedido pola oficina, polo despacho ou pola entidade onde se prestaron os servizos ou, de ser o caso, mediante a vida laboral.

d) Os méritos relativos á impartición de cursos ou de conferencias deberanse xuntar á solicitude e acreditaranse mediante o documento acreditativo da universidade, do centro ou da escola pública correspondente.

e) Os méritos académicos deberán acompañar a solicitude e acreditaranse mediante unha copia compulsada do título ou do diploma acreditativo. No caso de publicacións de libros e artigos, deberase facer constar a relación e o contido publicado deles.

f) Respecto do exercicio dos dereitos de conciliación, no caso de non constaren xa na Administración do Parlamento de Galicia, deberanse achegar os certificados do seu gozo: a copia do libro de familia, ou, de ser o caso, as certificacións do Rexistro Civil, ou as resolucións xudiciais de nomeamento de tutela ou curatela.

Sétima. Desenvolvemento dos exercicios

7.1. Os exercicios distribuiranse en galego. Non obstante, tamén se distribuirán en castelán ás persoas aspirantes que así o soliciten.

7.2. En calquera momento, as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditaren a súa identidade.

7.3. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos pola convocatoria, logo da súa audiencia, poderá acordar a súa exclusión.

7.4. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en chamamento único, e será excluído da oposición quen non compareza.

Oitava. Listaxe das cualificacións finais

8.1. Ao rematar as probas, o tribunal emitirá unha resolución cos resultados obtidos por cada persoa aspirante nas fases de concurso e de oposición e a suma total dos puntos, que se publicará no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e mais no portal web. Só superará as probas a persoa aspirante que obtivese a maior puntuación.

Na mesma resolución o tribunal elevará á Mesa do Parlamento unha proposta en favor da persoa aspirante que obtivese a maior puntuación.

8.2. No suposto de empate nas puntuacións de dúas ou máis persoas aspirantes, resolverase a favor da persoa que obtivese a puntuación máis alta no primeiro exercicio. Se continuase o empate, resolverase acudindo á puntuación obtida, primeiro, no segundo exercicio e, despois, no terceiro; e, se continuase, recorrerase á puntuación acadada na fase de concurso. Se persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, comezando pola letra W, de conformidade co sorteo realizado e publicado na páxina web corporativa.

8.3. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao da praza obxecto das probas. Será nula calquera proposta de aprobados ou aprobadas que contraviñese esta prohibición.

8.4. A Mesa do Parlamento adoptará o acordo de finalización do proceso selectivo e de aprobación do seu resultado, co ingreso da persoa proposta no corpo de letrados e letradas do Parlamento de Galicia. Este acordo publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, na páxina web corporativa e notificaráselle á persoa seleccionada.

Novena. Presentación de documentos

9.1. As persoas aspirantes que superaren o proceso selectivo deberán presentar, ante a Presidencia do Parlamento, no prazo de vinte (20) días naturais desde que se faga público o Acordo de aprobación pola Mesa do Parlamento de Galicia, e para o caso de que non conste xa na Administración parlamentaria, a fotocopia compulsada do título exixido na base segunda ou a certificación académica co xustificante do aboamento dos dereitos de expedición do título.

9.2. Se dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior libremente apreciados pola Oficialía Maior, as persoas aspirantes non presentan a documentación, ou do exame desta se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base segunda, non poderán ser nomeadas letrados ou letradas do Parlamento e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Décima. Nomeamento

Após presentar os documentos aos cales fai referencia a base anterior e despois de transcorrer o prazo de presentación de documentos, a Presidencia procederá ao nomeamento da persoa aspirante que superou o proceso selectivo como persoal funcionario de carreira do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia, que se publicará no BOPG e no DOG.

Deberán prestar o xuramento ou a promesa de acatar a Constitución, o Estatuto de autonomía de Galicia e as demais leis e tomar posesión do seu posto dentro do prazo dun (1) mes desde a notificación do nomeamento.

Décimo primeira. Cláusula derradeira

Contra esta convocatoria, que pon termo á vía administrativa, poderase interpor, potestativamente, un recurso de reposición ante a Mesa do Parlamento de Galicia, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, consonte o establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, que contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2025

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO I

Temario

Bloque I: dereito parlamentario galego.

1. As fontes do dereito parlamentario galego: A Constitución. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Regulamento do Parlamento de Galicia. Outras fontes: o costume parlamentario.

2. A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia. A convocatoria e o desenvolvemento da sesión constitutiva.

3. A elección da Mesa do Parlamento de Galicia.

4. O Estatuto das parlamentarias e dos parlamentarios galegos (I). A adquisición da condición plena de deputada e deputado. A presentación da credencial. A declaración de incompatibilidades. O xuramento ou promesa.

5. O Estatuto das parlamentarias e dos parlamentarios galegos (II). Os dereitos dos deputados e deputadas.

6. O Estatuto das parlamentarias e dos parlamentarios galegos (III). Os deberes dos deputados e deputadas.

7. O Estatuto das parlamentarias e dos parlamentarios galegos (IV). Das prerrogativas parlamentarias.

8. O Estatuto das parlamentarias e dos parlamentarios galegos (V). A suspensión dos deputados e deputadas. A perda da condición de deputado e deputada.

9. A disciplina parlamentaria. As obrigas dos parlamentarios e parlamentarias. As sancións de que poden ser obxecto.

10. Dos grupos parlamentarios no dereito parlamentario galego (I). Número mínimo de deputados e deputadas. Os límites legais á constitución dos grupos parlamentarios. Os grupos parlamentarios non partidarios. Os deputados e deputadas asociados. O Grupo Mixto.

11. Os grupos parlamentarios no dereito parlamentario galego (II). A dinámica dos grupos parlamentarios. Os deputados e deputadas incorporados. O abandono do grupo parlamentario. A disolución dun grupo parlamentario. A constitución de novos grupos parlamentarios.

12. Os grupos parlamentarios no dereito parlamentario galego (III). Financiamento dos grupos parlamentarios. Os dereitos dos grupos parlamentarios.

13. Os órganos de goberno (I). A Mesa: definición. A composición e o funcionamento. As funcións normativas. As funcións administrativas. As funcións cualificativas. As funcións organizativas. As funcións residuais.

14. Os órganos de goberno (II). A Presidencia. As funcións xerais. As funcións residuais. O réxime de suplencia.

15. Os órganos de goberno (III). A Xunta de Portavoces. A composición. O funcionamento. As funcións.

16. As comisións parlamentarias na Cámara galega (I). A composición. A estrutura. O réxime de funcionamento. A convocatoria. A constitución. As competencias. A duración dos traballos.

17. As comisións parlamentarias na Cámara galega (II). Tipoloxía. As comisións permanentes lexislativas.

18. As comisións parlamentarias na Cámara galega (III). As comisións permanentes non lexislativas.

19. As comisións parlamentarias na Cámara galega (IV). As comisións especiais.

20. As sesións parlamentarias na Cámara galega (I). O Pleno. A convocatoria. A publicidade plenaria. A fe pública das sesións plenarias.

21. As sesións parlamentarias na Cámara galega (II). A Deputación Permanente. As funcións. A composición. A dación de contas.

22. A deliberación e os acordos parlamentarios (I). A fixación da orde do día. A alteración da orde do día. Os debates. As alusións. As chamadas ao cumprimento do Regulamento. O dereito de réplica. As facultades moderadoras da Presidencia.

23. A deliberación e os acordos parlamentarios (II). Os tipos de intervención. A duración das intervención e a súa fixación. A orde das intervencións.

24. A deliberación e os acordos parlamentarios (III). As votacións. O quórum legal. O desenvolvemento das votacións. As clases. Os empates. A explicación do voto.

25. A orde parlamentaria nos debates. A chamada á orde. As chamadas á cuestión.

26. A orde no recinto parlamentario. Principio xeral. Ámbito do poder disciplinario. A orde nas tribunas. As condutas punibles. As medidas adoptables.

27. A Xunta de Galicia como destinataria da confianza parlamentaria (I). Da investidura.

28. A Xunta de Galicia como destinataria da confianza parlamentaria (II). Da moción de censura.

29. A Xunta de Galicia como destinataria da confianza parlamentaria (III). Da cuestión de confianza.

30. O procedemento lexislativo común no Parlamento de Galicia (I). Os proxectos de lei.

31. O procedemento lexislativo común no Parlamento de Galicia (II). As proposicións de lei.

32. A participación cidadá: proposicións de lei, proposicións non de lei, preguntas de iniciativa popular e o dereito de petición.

33. Das especialidades no procedemento lexislativo (I). Dos proxectos e das proposicións de lei de desenvolvemento básico do Estatuto de autonomía.

34. Das especialidades no procedemento lexislativo (II). Da reforma do Estatuto de Galicia.

35. Das especialidades no procedementos lexislativo (III). Do Proxecto de Lei de orzamentos.

36. Das especialidades no procedemento lexislativo (IV). Da competencia lexislativa plena das comisións.

37. Das especialidades no procedemento lexislativo (V). Da tramitación dun proxecto de Lei en lectura única.

38. Procedementos lexislativos especiais. Dos recursos de inconstitucionalidade e dos conflitos de competencia.

39. Da designación dos senadores en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

40. A Xunta ante o Parlamento (I). As comunicacións da Xunta de Galicia. O exame de programas e de plans. A información da Xunta de Galicia. En comisión. En pleno.

41. A Xunta ante o Parlamento (II). Do control sobre as disposicións da Xunta de Galicia con forza de lei.

42. Os instrumentos de impulso político: das proposicións non de lei.

43. A actividade rogatoria e de impulso no Parlamento de Galicia (I). Das interpelacións.

44. A actividade rogatoria e de impulso no Parlamento de Galicia (II). As mocións.

45. A actividade rogatoria e de impulso no Parlamento de Galicia (III). As preguntas.

46. As funcións non tradicionais do Parlamento de Galicia. A elección, a designación e as propostas de nomeamento. As funcións xurisdicionais.

47. Normas interpretativas e complementarias ao Regulamento do Parlamento.

Bloque II: dereito constitucional, europeo, estatutario, administrativo, procesual e orzamentario.

1.  A Constitución española de 1978. Título preliminar. Os valores superiores da Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. O Estado español como Estado social e democrático de dereito.

2. A Constitución española de 1978. Título I. Dos dereitos e deberes fundamentais.

3. Os sistemas de protección dos dereitos e das liberdades no ordenamento constitucional español. O recurso de amparo: procedemento e ámbito.

4. As funcións das Cortes Xerais. A función lexislativa. As funcións económicas. As funcións de control político.

5. A autonomía das Cámaras e o dereito parlamentario.

6. Os regulamentos parlamentarios.

7. O funcionamento das Cámaras. A constitución, a renovación e a disolución. As funcións das Cortes. A función lexislativa. As funcións económicas. As funcións de control político. Os rogos e as preguntas. As interpelacións, as proposicións non de lei e as mocións. A moción de censura.

8. O Goberno. A súa regulación constitucional. A organización, a estrutura e a función do Goberno.

9. O Goberno e a administración: o control dos actos políticos.

10. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

11. O Tribunal Constitucional. Competencias.

12. O recurso de inconstitucionalidade e a cuestión de inconstitucionalidade.

13. A reforma da Constitución. O procedemento de reforma: iniciativa, elaboración, exame e adopción definitiva da reforma. Os límites á reforma da Constitución española.

14. A lei. O procedemento de elaboración. Os actos con forza de lei: os decretos lexislativos e os decretos lei.

15. As leis orgánicas. O concepto de lei orgánica e a súa posición no sistema de fontes.

16. O dereito da Unión Europea. Formación e caracteres xerais. O dereito orixinario: o Tratado da Unión e o Tratado de funcionamento da Unión. O Tratado constitutivo da Comunidade Europea da Enerxía Atómica. O dereito derivado: os regulamentos, as directivas e as decisións. As recomendacións e os ditames. A Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea. Outras fontes do Dereito da Unión Europea.

17. Dereito da Unión Europea e dereito dos estados membros: autonomía, eficacia e primacía. A aplicación do Dereito da Unión Europea polos estados membros; especial referencia ás relacións entre o Estado e as comunidades autónomas na aplicación do dereito da Unión Europea.

18. A Autonomía galega. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado. A estrutura e o contido.

19. Bases fundamentais da Autonomía galega. O territorio. Os símbolos. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego e galega.

20. Os dereitos da cidadanía galega e as súas garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns e cidadás galegos.

21. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia.

22. O Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia. A Xunta de Galicia e a súa Presidencia. A composición. As competencias.

23. O Valedor do Pobo. As competencias e as funcións. A súa relación co Parlamento de Galicia.

24. O Consello de Contas. As competencias e as funcións. A súa relación co Parlamento de Galicia.

25. O Consello Consultivo. As competencias e as funcións. A súa relación co Parlamento de Galicia.

26. As relacións doutras institucións e órganos de Galicia co Parlamento de Galicia.

27. O Dereito electoral: a normativa básica e autonómica. A Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral e a Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

28. A protección dos datos persoais. Principios, dereitos e obrigas. O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A Axencia Española de Protección de Datos. O Rexistro de actividades de tratamento do Parlamento de Galicia.

29. A transparencia e o acceso á información pública. A Lei 19/2013, do 9 de decembro de transparencia, acceso á información e bo goberno, e a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia. Normativa en transparencia no Parlamento de Galicia.

30. A intelixencia artificial. A Lei 2/2025, do 2 de abril, para o desenvolvemento e o impulso da intelixencia artificial en Galicia. A ciberseguranza. O Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade. A aplicación do Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración parlamentaria galega: o Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 5 de marzo de 2019, polo que se aproban as normas sobre a política de seguridade da información do Parlamento de Galicia.

31. A técnica lexislativa. As directrices de aplicación. O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de outubro de 2014, polo que se aproban as directrices de técnica normativa.

32. A normativa de igualdade: a Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia e a Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

33. O procedemento administrativo común: a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

34. O procedemento contencioso-administrativo.

35. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia: as clases, a estrutura e o contido. A elaboración e a aprobación. A prórroga. A liquidación. Os remanentes. O réxime especial do orzamento das entidades instrumentais do sector público autonómico.

36. Os créditos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e as súas modificacións. Os gastos plurianuais. Os créditos extraordinarios, os suplementos e os créditos ampliables. As transferencias de crédito. As xeracións de crédito.

37. A contabilidade pública: elementos das contas anuais no Plan xeral de contabilidade pública do Estado. A contabilidade privada: elementos das contas anuais do Plan xeral de contabilidade.

38. O Regulamento de réxime orzamentario e contable do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo. As normas reguladoras dos pagamentos para xustificar.

Bloque III: a Administración do Parlamento de Galicia.

A. O Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia.

1. A autonomía administrativa do Parlamento de Galicia.

2. A estrutura orgánica da Administración parlamentaria. As súas unidades administrativas.

3. Os órganos da Administración parlamentaria: a Mesa do Parlamento.

4. Os órganos da Administración parlamentaria: a Presidencia.

5. A Oficialía Maior. As competencias e a estrutura. As competencias da letrada ou do letrado oficial maior.

6. Os órganos de control e de fiscalización da actividade económico-financeira parlamentaria.

7. Os servizos do Parlamento de Galicia.

8. O réxime xurídico das disposicións e dos actos administrativos.

9. O procedemento administrativo e os convenios de colaboración na Administración parlamentaria.

10. O réxime xurídico dos bens da Administración parlamentaria.

B. O réxime xurídico do persoal da Administración parlamentaria. O Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

1. Obxecto e ámbito de aplicación. A clasificación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia e o Rexistro de persoal.

2. O comezo da relación do servizo: a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira.

3. A extinción da relación de servizo: as causas. A renuncia. A xubilación. A rehabilitación da condición de funcionario ou funcionaria.

4. A planificación e a ordenación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia. Os obxectivos. A oferta de emprego público. O rexistro de persoal e a relación de postos de traballo.

5. A clasificación profesional. Os grupos. Os corpos. As escalas e as prazas singulares.

6. A provisión de postos e a mobilidade.

7. O acceso ao emprego na Administración do Parlamento de Galicia. Os principios reitores. Os requisitos de admisión. A selección do persoal funcionario e laboral.

8. A carreira e a promoción profesional. A avaliación do desempeño.

9. A formación e o perfeccionamento do persoal.

10. As situacións administrativas. As clases. Os efectos.

11. O sistema retributivo.

12. As vacacións, as licenzas e os permisos.

13. A representación, a participación e a negociación colectiva e o dereito de reunión. As normas reguladoras das eleccións á Xunta de Persoal da Administración do Parlamento de Galicia.

14. Os dereitos e os deberes do persoal funcionario.

15. As incompatibilidades.

16. O réxime disciplinario.

17. As normas reguladoras da xornada laboral semanal e do horario do persoal e do funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia. As normas reguladoras da flexibilización da xornada do persoal da Administración parlamentaria por motivos de conciliación da vida persoal e laboral. As normas reguladoras do teletraballo na Administración do Parlamento de Galicia. As normas reguladoras da carreira profesional do persoal do servizo da Administración do Parlamento de Galicia. As normas de avaliación do desempeño.

Bloque IV: a contratación na Administración do Parlamento de Galicia.

1. A contratación do sector público: a normativa vixente. Os negocios e os contratos excluídos. A delimitación dos tipos contractuais. Os contratos suxeitos a regulación harmonizada. Os contratos administrativos e os contratos privados.

2. Os elementos estruturais dos contratos. O contido mínimo, a perfección e a forma do contrato.

3. O réxime de invalidez dos contratos. O recurso especial. O Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais do Parlamento de Galicia.

4. As partes no contrato. O órgano de contratación. A aptitude para contratar co sector público: as normas xerais e as normas especiais sobre capacidade. As prohibicións para contratar. A solvencia do empresario ou empresaria. A clasificación das empresas. A sucesión na persoa do/da contratista.

5. Os medios para acreditar a solvencia económica, financeira e técnica.

6. O obxecto, o orzamento base de licitación, o valor estimado. O prezo do contrato e a súa revisión.

7. As garantías exixibles nos contratos realizados coas administracións públicas.

8. A preparación dos contratos das administracións públicas: o expediente de contratación. A tramitación urxente e a tramitación de emerxencia.

9. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. A información sobre as condicións de subrogación nos contratos de traballo.

10. As normas xerais da adxudicación dos contratos das administracións públicas: o procedemento de adxudicación, o anuncio de licitación, as proposicións dos interesados e a presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos. Os requisitos e as clases de criterios de adxudicación. A aplicación dos criterios de adxudicación. As ofertas anormalmente baixas. A clasificación das ofertas e a adxudicación do contrato. A resolución e a notificación da adxudicación. A formalización dos contratos.

11. O procedemento aberto. O procedemento aberto simplificado. O procedemento aberto simplificado abreviado. O procedemento restrinxido. Os procedementos con negociación. A referencia ao procedemento de diálogo competitivo e ao procedemento de asociación para a innovación. As normas especiais aplicables aos concursos de proxectos.

12. A contratación menor. O concepto, os límites e o réxime xurídico.

13. Os sistemas para a racionalización técnica da contratación das administración públicas. Os acordos marco.

14. Os contratos de obras. As actuacións preparatorias, a súa execución, o cumprimento e a resolución.

15. Os contratos de subministración. A súa execución, o cumprimento e a resolución.

16. Os contratos de servizos. A súa execución, o cumprimento e a resolución.

17. As prerrogativas da Administración pública na contratación administrativa.

18. A execución, a modificación, a suspensión e a extinción dos contratos. A cesión dos contratos e a subcontratación.

19. As mesas de contratación na Administración parlamentaria. A composición e as funcións. Os órganos consultivos.

20. Os rexistros de licitadores e empresas clasificadas. O Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

missing image file
missing image file

ANEXO III

Declaración xurada ou promesa

…, co documento nacional de identidade número…

Declaro baixo xuramento ou prometo, para os efectos de participar no proceso selectivo para ingresar nunha praza do corpo de letradas e letrados do Parlamento de Galicia, que non fun separado ou separada do servizo de ningunha das administracións públicas e que non estou inhabilitada ou inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Así mesmo, declaro que non padezo doenza ou discapacidade que me impida o desempeño das funcións correspondentes do posto e que posúo as capacidades e as aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas do posto, e que son certos todos os datos achegados respecto deste proceso selectivo.

…., ... de … de 2026

Sinatura

ANEXO IV

Certificación de méritos que se fan constar no proceso selectivo
dunha praza do corpo de letradas e letrados

Segundo se recolle na base 6.2:

A. Experiencia profesional previa e o traballo desenvolvido no Parlamento de Galicia:

B. Cursos de formación e de perfeccionamento:

C. Grao de coñecemento de lingua galega:

D. Titulacións académicas:

E. Antigüidade:

F. Dereitos de conciliación:

G. Méritos específicos:

G.1. Publicación de obras de índole científico-xurídica:

G.2. Méritos académicos:

A documentación acreditativa dos méritos anteriores deberase autenticar na forma que recolle a base 6.2.5.