DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2026 Páx. 6357

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 12 de xaneiro de 2026, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo pola orde de puntuacións obtidas, atendendo aos criterios de desempate previstos na base IV.1. da convocatoria, e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal

ANEXO

Posición

DNI

Apelidos e nome

Quenda

1º exercicio

2º exercicio

Puntuación final

1

***6514**

Eijo Díaz, Daniel

Acceso libre

83,79

Exento

83,79

2

***9233**

Tubío Martínez, José Luis

Acceso libre

72,75

Exento

72,75

3

***9213**

Bermúdez Rocha, Miguel Ángel

Acceso libre

70,17

Exento

70,17

4

***6577**

Alcalde Feal, Diego

Acceso libre

69,65

Exento

69,65

5

***6443**

Philippot Muñiz, Miguel Ángel

Acceso libre

67,75

Exento

67,75

6

***0603**

Lorenzo Castiñeiras, Adrián

Acceso libre

67,24

Exento

67,24

7

***2586**

Martínez Enero, José Eduardo

Acceso libre

64,82

Exento

64,82

8

***0050**

Torrejón Mosquera, Marco

Acceso libre

64,82

Exento

64,82

9

***4079**

Pérez Martínez, Jessica

Base I.1.1.

59,31

Exenta

59,31