DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 2026 Páx. 6428

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de catro prazas de persoal funcionario da escala da Administración xeral, subescala subalterna, por oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 241, do 17 de decembro de 2025, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, como funcionario de carreira, de catro prazas de persoal funcionario da escala da Administración xeral, subescala subalterna, coa categoría de subalterno/conserxe (equivalente ás agrupacións profesionais), por oposición libre, que figuran incluídas na oferta de emprego público correspondente aos anos 2022 e 2025, tres pola quenda de acceso libre e unha pola quenda de discapacidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Nigrán, 30 de decembro de 2025

Juan Antonio González Pérez
Alcalde