De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentáronse sen efecto as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar as comunicacións a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Referencia catastral polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1407/2025) Resolución de inicio O.E. do 6.10.2025 |
36053A01403402 (polígono 14, parcela 3402) |
Negueirós Soutomaior |
Varios |
|
Orde de execución (exp. 1894/2025) Resolución de inicio O.E. do 5.10.2025 |
36053A01700234 (polígono 17, parcela 234) |
A Pedreira Soutomaior |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1361/2025) Resolución de inicio O.E. do 10.11.2025 |
36053A00500087 (polígono 5, parcela 87) |
Cacharela-Aranza Soutomaior |
Teresa Barreiro Vidal |
|
Orde de execución (exp. 1442/2025) Resolución de inicio O.E. do 15.12.2025 |
36053A01600675 (polígono 16, parcela 675) |
O Campo do Cura- Arcade |
Juan Álvarez González |
|
Orde de execución (exp. 1443/2025) Resolución de inicio O.E. do 15.12.2025 |
36053A01600676 (polígono 16, parcela 676) |
O Campo do Cura- Arcade |
Rogelia Landeiro González |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Soutomaior (rúa Alexandre Bóveda, 13, 36690 Soutomaior, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa, a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e os custos repercutirán ás persoas responsables.
Ademais, o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión.
Soutomaior, 30 de decembro de 2025
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente
