O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de novembro de 2025, aceptou por unanimidade a delegación do Concello de Boborás na Deputación Provincial do exercicio das competencias de xestión, liquidación, inspección e recadación tributaria en período voluntario, e a revisión dos actos ditados da taxa polo abastecemento, depuración e saneamento. De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, publícase o citado acordo nos seguintes termos:
Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello de Boborás a favor da Deputación Provincial, mediante o Acordo plenario do 30 de outubro de 2025, para a xestión, liquidación e recadación tributaria en período voluntario, así como a revisión dos actos ditados da taxa polo abastecemento, depuración e saneamento.
Todo isto nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de Boborás; en todo caso serán de aplicación as seguintes condicións xerais:
a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva, ditando todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos ditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.
b) Para o exercicio da competencia delegada, o Concello deberá remitir as oportunas certificacións da relación de debedores dos últimos catro anos para os efectos de poder iniciar a recadación en executiva, así como, en relación coas débedas anteriores aos últimos catro anos, certificación de que as débedas non están prescritas, e indicará as diferentes datas de notificación da débeda en executiva en relación co tributo ou ingreso de dereito público a que se refire.
c) A taxa que deberá satisfacer o Concello pola prestación do servizo de recadación en voluntaria será a resultante de aplicarlles ás cantidades efectivamente recadadas de padróns, liquidacións, altas e outros ingresos non periódicos o tipo de gravame único do 5 %, e a taxa pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario conforme o establecido no artigo 6, alíneas a) e b), da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizo de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da Ordenanza fiscal.
d) Esta delegación entrara en vigor unha vez aceptada pola Deputación Provincial e publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento. Esta delegación estará vixente por un período de catro anos, e prorrogarase tacitamente por períodos iguais de catro anos se ningunha das partes mostra expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a seis (6) meses á data sinalada ou á de calquera dos períodos de prórroga.
Ourense, 15 de decembro de 2025
Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación
Provincial de Ourense
