Mediante a Resolución do 6 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, convocáronse as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2026.
Con posterioridade, mediante a Resolución do 27 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, nomeouse o tribunal para as convocatorias do ano 2026.
Coa presente resolución noméase unha nova persoa vogal suplente e, para garantir a máxima transparencia e facilitar que as persoas interesadas teñan coñecemento do tribunal, efectúase a súa designación íntegra.
O Real decreto 284/2021, do 21 de abril, regula no anexo V os exames de cualificación inicial. Na sección segunda, desenvolve a «designación de tribunais» e sinala: «No caso de non determinarse na propia convocatoria, o órgano convocante deberá, con posterioridade a esta, designar o tribunal ou tribunais das probas (…) e publicalo, así mesmo, no correspondente Boletín Oficial, polo menos con dez (10) días de antelación á realización do primeiro exercicio».
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar o ordinal segundo do punto primeiro da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, do 27 de novembro de 2025, pola que se desenvolve a Resolución do 6 de novembro de 2025 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2026, e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2026 (DOG número 236, do 5 de decembro), que queda redactado como segue:
«2. A composición do tribunal para as vindeiras convocatorias comúns do ano 2026 será a seguinte:
Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.
Presidencia suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas e Planificación do Transporte.
Vogais:
A persoa titular do Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros.
A persoa titular do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte.
A persoa titular do Servizo da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.
Vogais suplentes:
A persoa titular do Servizo de Inspección.
A persoa titular do Servizo de Informes e Recursos.
A persoa titular do Servizo de Infraestruturas.
A persoa titular do Servizo de Planificación.
A persoa titular do Servizo de Contratación.
A persoa titular do Servizo de Loxística e Instalacións Aeronáuticas e Ferroviarias.
A persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestrutura e Planificación do Transporte.
A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
Secretaría: a persoa titular do Servizo de Autorizacións, Informes e Apoio Xurídico.
Secretaría suplente: a persoa titular da xefatura da Sección da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte».
Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2026
Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade
