De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:
|
Instalación: fábrica de automóbiles. Centro de Vigo |
Procedemento: corrección de erros e modificación da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Stellantis España, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2005/0233_NAA/IPPC_014 |
|
Localización: concello de Vigo (Pontevedra) |
|
Instalación: planta xestora de residuos e vertedoiro controlado |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Acttia Medioambiental, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2006/0291_NAA/IPPC_134 |
|
Localización: concello de Sobrado (A Coruña) |
Expediente: 2025-IPPC-M-81 |
|
Instalación: matadoiro de aves en Campañó |
Procedemento: modificación do plan de vixilancia da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Avícola de Galicia, S.A.U. |
Núm. rexistro AAI: 2006/0381_NAA/IPPC_071 |
|
Localización: concello de Pontevedra |
|
Instalación: planta de xestión de residuos |
Procedemento: modificación non substancial e revisión para a adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular |
|
Titular: Proteción Medio Ambental, S.L. (PMA) |
Núm. rexistro AAI: 2007/0015_NAA/IPPC_179 |
|
Localización: concello da Laracha (A Coruña) |
Expediente: 2024-IPPC-M-93 |
|
Instalación: planta de aluminio |
Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Resonac Graphite Spain, S.A. |
Núm. rexistro AAI: 2005/0272_NAA/IPPC_169 |
|
Localización: concello da Coruña (A Coruña) |
Estas resolucións poderán consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, de xeito presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, na rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
