DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2026 Páx. 6816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC, no concello de Dozón.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81, da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC, que se realizarán na casa do concello de Dozón segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 26 de decembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/246-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución de apoios B0PE6R78//88-A80 e B0SHO7FV//88-A81 da LMT LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 e RC.

Concello: Dozón.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Persoa titular

Data

Hora

1

36016A032006880000FW

Lavandeira

Descoñecida

27 de febreiro de 2026

13.00