O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
ANEXO I
|
Denominación do convenio |
Achega da consellería |
Data da sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), para a prestación de servizos educativos ao alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave. |
346.444,63 € |
1.9.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado, para a realización de actividades de formación permanente do profesorado como entidade colaboradora. |
Sen custo |
1.9.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e a Fundación Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro, para a impartición de ensinanzas de formación profesional da familia de Sanidade. |
36.000,00 € |
3.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, para o desenvolvemento do programa Talentos inclusivos. |
Sen custo |
3.9.2025 |
|
Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (actualmente Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), para impulsar accións no Campus Terra como campus de especialización acreditado do Sistema universitario de Galicia (SUG). |
Sen custo |
4.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e La Capital, S.L., para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
9.561,05 € |
11.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Corporación Voz de Galicia, S.L.U., para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
149.500,00 € |
12.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e El Progreso de Lugo, S.L., para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
25.640,99 € |
12.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e La Región, S.A. e Rías Baixas Comunicación, para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
26.075,58 € |
12.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Lérez Ediciones, S.L. para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
9.995,64 € |
12.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo (UVIGO), para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2025-2026. |
5.600.207,47 € |
16.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade da Coruña (UDC), para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2025-2026. |
5.799.511,73 € |
16.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2025-2026. |
9.298.029,82 € |
16.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo (Acopros). |
Sen custo |
16.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Faro de Vigo, S.L., para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
59.973,84 € |
16.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e EPI Prensa, S.L.U., para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
10.430,23 € |
16.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e La Opinión de A Coruña, S.L., para o desenvolvemento de accións de promoción e difusión de programas educativos. |
7.822,67 € |
16.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, para realizar prácticas académicas externas do estudantado do mestrado interuniversitario en estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións (Meia) nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. |
Sen custo |
19.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación DOA Saúde Mental. |
Sen custo |
22.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia). |
Sen custo |
24.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional (Ambar). |
Sen custo |
29.9.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Ferrol, para a mellora das instalacións deportivas nos centros educativos de titularidade municipal. |
Sen custo |
29.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Asistencial TDAH Salnés (TDAH Salnés). |
Sen custo |
1.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo, para a colaboración na procura da mellora na calidade do sistema educativo. |
Sen custo |
9.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados. |
695.296,00 € |
14.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), para o financiamento da adquisición de licenzas de bases de datos e elaboración de informes de análise bibliométrica no Sistema universitario de Galicia (SUG). |
170.210,03 € |
24.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento do Plan de infraestruturas universitarias no ano 2025. |
4.085.000,00 € |
24.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo, para o desenvolvemento do Plan de infraestruturas universitarias no ano 2025. |
3.105.000,00 € |
24.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Naturgy Renovables, S.L.U., sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional. |
Sen custo |
24.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de familias con fillos e fillas con altas capacidades, habilidades e outras neurodiverxencias asociadas (Intelecto). |
Sen custo |
27.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Logopedistas de Galicia (CPLGA). |
Sen custo |
29.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación de A Coruña de dislexia y otras DEA (Acodis). |
Sen custo |
30.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación do Fútbol Galego para a promoción dos valores da educación inclusiva, a convivencia e a igualdade a través das actividades deportivas. |
Sen custo |
5.11.2025 |
|
Convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as empresas QATRO-ELEC-ENXENERÍA e Servizos Eléctricos Industriais, S.L. e Electro Rayma, S.L., sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional. |
Sen custo |
5.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para realizar prácticas académicas externas do estudantado do mestrado interuniversitario en ensino do español como lingua estranxeira (Mele) nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. |
Sen custo |
5.11.2025 |
|
Convenio de cooperación educativa entre la Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidad Autónoma de Galicia e la Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), para a realización do prácticum do máster universitario en formación do profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. |
Sen custo |
12.11.2025 |
|
Convenio entre o Ministerio do Interior (Secretaría Xeral de Institucions Penitenciarias) e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, para a atención educativa a persoas internas en centros penitenciarios. |
Sen custo |
13.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), para a dotación de equipamento en innovación educativa e a adquisición e o uso compartido de equipamento técnico, ano 2025. |
5.154.793,27 € |
17.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade da Coruña (UDC), para a dotación de equipamento en innovación educativa e a adquisición e o uso compartido de equipamento científico-técnico, ano 2025. |
3.405.000,00 € |
17.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo (UVIGO), para a dotación de equipamento en innovación educativa e a adquisición e o uso compartido de equipamento científico-técnico, ano 2025. |
4.031.013,60 € |
17.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Asociación Inventiva (Inventiva). |
Sen custo |
17.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Alcohol y Sociedad (FAS). |
Sen custo |
2.12.2025 |
|
Addenda ao convenio entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e as universidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, para a implementación do programa de incorporación de talento docente e investigador ás universidades públicas españolas, en execución do disposto no capítulo IV da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario. |
Sen custo |
3.12.2025 |
|
Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade da Coruña, para o desenvolvemento do Plan de infraestruturas universitarias no ano 2024. |
Sen custo |
9.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec). |
Sen custo |
9.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento do estudo piloto na Comunidade Autónoma de Galicia do proxecto Avatares «Integración de avatares robóticos no sistema educativo para favorecer a inclusión do alumnado con enfermidades crónicas ou de longa duración». |
Sen custo |
10.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Concello de Lugo, para autorizar o uso temporal de terreos municipais para a instalación provisional de comedor escolar da escola de educación infantil Fingoi número 2, de Lugo. |
Sen custo |
11.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade da Coruña, para o desenvolvemento do Plan de infraestruturas universitarias no ano 2025. |
2.810.000,00 € |
19.12.2025 |
