DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2026 Páx. 6496

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento IN519F).

As estacións de servizo foron concibidas, na súa orixe, como instalacións de subministración de produtos petrolíferos polo miúdo e, como tales, son establecementos industriais sometidos aos regulamentos de seguridade industrial. Non obstante, nos últimos anos a maior parte destes establecementos foron diversificando a súa oferta, incluíndo a posibilidade de que a poboación poida adquirir outro tipo de produtos, entre os que adoitan estar distintos consumibles para os automóbiles, produtos de alimentación e consumo ou mesmo artigos do fogar, así como intercambiar bombonas de gases licuados do petróleo ou empregar as súas instalacións para o lavado e limpeza de vehículos.

Por outra parte, especialmente no ámbito rural, a presenza de estacións de servizo é clave para seguir proporcionando servizos á poboación, o que contribúe a manter o seu benestar e, polo tanto, á loita contra o despoboamento rural.

Por esta razón, e no marco das actuacións que a Xunta de Galicia leva a cabo para loitar contra o despoboamento rural, a Consellería de Economía e Industria considera necesario garantir a supervivencia das estacións de servizo, para o que é imprescindible que poidan manter un elevado número de servizos que garanta a súa competitividade e o seu futuro. Entre estes servizos, non só se atopan os que actualmente prestan, senón outros innovadores que poden ser de grande utilidade para a poboación. Entre eles, como novidade de especial interese, atópase un servizo de entrega física de pequenas cantidades de diñeiro a clientes de entidades financeiras que teñan subscrito o corresponden acordo coa estación de servizo.

Para garantir a idoneidade dos servizos que actualmente prestan as estacións, ou de servizos que poidan prestar no futuro, e así garantir a viabilidade futura destes establecementos, cómpre manter e mellorar a aplicación de tecnoloxías innovadoras e dixitais aos distintos procesos que se levan a cabo neles.

Igualmente, nas estacións de servizo, como establecementos en que se almacenan produtos petrolíferos e tamén dispoñen doutras instalacións suxeitas a regulamentos de seguridade industrial, como as estacións de recarga de vehículos eléctricos, é necesario garantir a súa seguridade, non só desde un punto de vista de cumprimento de regulamentacións, senón tamén previndo accesos non controlados, co fin de conseguir o obxectivo último, compartido cos regulamentos de seguridade industrial, de protexer as persoas, os bens e o medio natural.

Polo exposto, como medio e instrumento para favorecer as actuacións indicadas, a Consellería de Economía e Industria considera necesario establecer un programa de axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica, dixital e ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, en estacións de servizo situadas na Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, convocaranse estas axudas para o ano 2026.

O desenvolvemento desta orde axustarase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

En virtude do exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía e Industria, en réxime de concorrencia competitiva, encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, que se inclúen como anexo I a esta orde.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións conforme as bases reguladoras aprobadas nesta orde para o ano 2026.

3. Este procedemento administrativo ten asignado o código IN519F.

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. As subvencións outórganse con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.732A.770.0, proxecto contable 2025-00074, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, de acordo coa seguinte distribución:

Aplicación

Denominación

Importe en euros

09.03.732A.770.0

Apoio á dixitalización e modernización das estacións de servizo rurais

800.000 €

2. Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito cando o aumento veña derivado de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitudes.

4. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 3. Solicitudes

Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse a solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican nas bases reguladoras.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras.

Artigo 4. Forma e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

Artigo 5. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 5 meses.

Artigo 6. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal.

Este sistema remitirá ás persoas interesadas os avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Artigo 8. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN519F, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (https://cei.xunta.gal).

b) No teléfono 981 54 55 72 de servizos centrais.

c) Presencialmente.

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 981 90 06 43).

3. Guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos), onde se recolle a información sobre este procedemento (código de procedemento IN519F).

Disposición derradeira primeira. Habilitación

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2026

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, para o ano 2026

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de actuacións de modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, para o ano 2026, promovendo a mellora da eficiencia operativa, o acceso a servizos financeiros por parte da poboación e o desenvolvemento económico mediante a incorporación de tecnoloxías innovadoras.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

3. Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 2831, do 15 de decembro de 2023). Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 300.000 euros durante o período dos tres anos previos. Para o cómputo do límite deste réxime de axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 2023/2831.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as pemes legalmente constituídas e os empresarios autónomos, titulares de estacións de servizo, que realicen investimentos de acordo co obxecto desta orde para a modernización tecnolóxica e dixital das estacións de servizo sempre e cando cumpran os seguintes requisitos:

a) As estacións de servizo deben estar situadas nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de ata 20.000 habitantes, de acordo cos últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística, ou ben naquelas parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais, no caso de estaren situadas en concellos de máis de 20.000 habitantes.

Para estes efectos, tomaranse como parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais as recollidas no anexo VII desta orde.

b) Que a empresa figure de alta na clase 47.30, Comercio polo miúdo de combustible para automóbiles, do Real decreto 10/2025, do 14 de xaneiro, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2025 (CNAE-2025).

c) Ter como mínimo unha persoa empregada contratada por conta allea asignada á estación de servizo para a cal se solicita a axuda. Para as estacións de servizo situadas en concellos cunha poboación inferior a 2.000 habitantes será suficiente con ter unha persoa empregada contratada por conta allea asignada á estación de servizo para a cal se solicita a axuda ou que a persoa titular sexa un empresario autónomo. Os contratos asinados coas persoas empregadas poderán ser indefinidos, fixos descontinuos ou combinacións equivalentes de xornada, sempre que na estación de servizo se garanta unha presenza mínima equivalente a 20 horas semanais de atención efectiva vinculada ao funcionamento ordinario da instalación.

d) Que a estación de servizo figure inscrita no rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos. Para aquelas estacións de servizo de recente implantación, ademais de terse presentado a solicitude correspondente ao procedemento IN624C, deberase ter achegado toda a documentación establecida no dito procedemento xunto coa comunicación.

Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

2. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 3. Actuacións e gastos subvencionables

1. Constitúen o obxecto destas axudas as seguintes tipoloxías de actuacións:

a) A adquisición e/ou instalación de sistemas e equipamentos dixitais para a mellora da xestión operativa da estación de servizo.

b) A implantación de sistemas e equipamentos asociados ao pagamento na estación de servizo, así como ao servizo de retirada de diñeiro en efectivo.

b.1) Sistemas e equipamentos dixitais para a mellora do pagamento.

b.2) Servizo de retirada de diñeiro en efectivo.

c) A integración de plataformas dixitais para a optimización da operativa de adquisición de produtos e servizos ofrecidos no establecemento.

d) A adquisición e/ou implantación de sistemas e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo.

e) A adquisición e/ou implantación de sistemas e equipamentos dirixidos a garantir os servizos ofrecidos pola estación de servizo en caso de interrupción da subministración de enerxía eléctrica a través da rede de distribución.

e.1) Sistemas de alimentación ininterrompida asociados aos equipamentos dixitais.

e.2) Grupos electróxenos destinados a garantir a subministración de enerxía eléctrica.

f) A adquisición de desfibriladores.

2. Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables todos os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data de xustificación do investimento.

3. Serán subvencionables os custos directamente relacionados coa execución das actuacións indicadas, incluídos os seguintes:

a) Custos de adquisición de equipamentos tecnolóxicos e de software.

b) Custos de adquisición dos sistemas de alimentación ininterrompida e grupos electróxenos.

c) Custos de instalación, configuración e posta en marcha dos sistemas tecnolóxicos, dixitais, ou as actuacións dirixidas a mellorar a seguridade da estación de servizo.

d) Gastos de formación do persoal no uso de novas tecnoloxías.

e) Obras necesarias e asociadas á implantación dos sistemas anteriores.

4. Non se consideran custos subvencionables:

a) Os gastos de legalización.

b) O imposto sobre o valor engadido (IVE).

c) Os gastos que se realicen en pagamento de taxas, licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Os gastos relativos a cotas anuais de equipamentos tecnolóxicos e de software, así como os gastos de mantemento.

5. Para seren subvencionables, as actuacións deberán estar en condicións de ser utilizadas unha vez finalizado o prazo de xustificación, sen prexuízo dos permisos, licenzas ou autorizacións que poidan precisar.

6. Só se poderá solicitar e obter a axuda para a adquisición dun desfibrilador no caso de que se solicite e obteña outra tipoloxía de axuda das previstas no número 1 deste artigo.

7. Para poder optar á axuda para a implantación dun desfibrilador, a persoa titular da estación de servizo deberá presentar o compromiso de integración no programa Acude e Axuda, promovido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, así como na aplicación Ariadna, que teñen como obxectivo aumentar as posibilidades de supervivencia en caso de parada cardiorrespiratoria fóra do hospital, facilitando o acceso a un maior número de desfibriladores e o incremento da participación cidadá. Para realizar esta integración contarán coa asistencia de persoal empregado público da Xunta de Galicia.

8. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable. Do mesmo xeito, consideraranse gastos realizados os efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto nas bases reguladoras.

Artigo 4. Contía das axudas

1. As axudas reguladas por esta orde teñen a natureza xurídica de subvencións.

2. Con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 50 % do importe total do custo elixible da actuación e cun máximo de 30.000,00 euros por solicitude.

Para aquelas actuacións de tipoloxía e.2), de acordo coa clasificación establecida no artigo 3.1 destas bases reguladoras, a intensidade das axudas será dun 80 % do importe total do custo elixible das actuacións desa tipoloxía cun máximo de 5.000 euros por solicitude, sempre que se respecte o máximo de 30.000 euros establecido para o conxunto da subvención.

Para aquelas actuacións de tipoloxía f), de acordo coa clasificación establecida no artigo 3.1 destas bases reguladoras, a intensidade das axudas será dun 90 % do importe total do custo elixible das actuacións desa tipoloxía cun máximo de 1.500 euros por solicitude, sempre que se respecte o máximo de 30.000 euros establecido para o conxunto da subvención.

3. O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante o período dos tres anos previos.

Artigo 5. Compatibilidade con outras axudas ou subvencións públicas

1. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que non se supere o 100 % do investimento subvencionable ou, se é o caso, o límite máximo establecido na normativa que resulte de aplicación.

2. A persoa beneficiaria deberá declarar as axudas que solicitase ou obtivese, tanto ao presentar a solicitude da axuda como en calquera momento posterior do procedemento en que isto se produza.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Artigo 6. Solicitude e documentación complementaria

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e prazo que se indique na convocatoria. As solicitudes (anexo II) subscribiranas directamente os interesados ou unha persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

2. Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude por cada estación de servizo. No caso de que un solicitante presente para unha mesma estación de servizo máis dunha solicitude, unicamente sería admisible a trámite a presentada en primeiro lugar no rexistro de entrada.

Cada solicitude poderá recoller unha ou varias actuacións de distinta tipoloxía dentro das consideradas no artigo 3.1 destas bases reguladoras.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Autorización para a representación segundo o anexo III, cando proceda.

b) Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas, etc.

c) Declaración responsable relativa ao mantemento das condicións de emprego segundo anexo IV.

d) Para a acreditación da condición de pequena ou mediana empresa, deberanse achegar:

1º. Contas anuais da empresa solicitante e das empresas asociadas ou vinculadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante de seren depositadas no rexistro correspondente.

2º. Relación nominal de traballadores (RNT) expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

e) Memoria descritiva das actuacións que se pretenden desenvolver, detallando as adquisicións previstas e incluíndo un orzamento desagregado por partidas.

f) Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda, subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante), onde se inclúan datos da potencia dos equipamentos.

g) Cando o investimento sen IVE da solicitude sexa inferior a 15.000 €, o beneficiario deberá achegar unha oferta que avale o orzamento do proxecto.

Cando o investimento sen IVE da solicitude supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 € deberán solicitarse como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentarse xunto coa solicitude de axuda.

Para o caso de que se executen actuacións de diferentes tipoloxías, e sexa necesario contratar diferentes empresas para executalas, este requirimento relativo ao número de ofertas deberá cumprirse para cada tipoloxía de actuación.

As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:

1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas segundo o recollido no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do Decreto 11/2009 que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 2023/2831.

2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, o modelo, así como as características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

3º. Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

4º. O solicitante da axuda deberá achegar unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.

5º. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polas persoas interesadas, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.

h) Consulta de vida laboral dos últimos 12 meses.

i) Imposto de actividades económicas (IAE) da persoa ou entidade solicitante.

j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

k) Consulta de axudas do Estado (BDNS).

l) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

m) Concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase requirir ao solicitante a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 10. Órgano competente

A Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión de subvencións e corresponde á persoa titular da Consellería de Economía e Industria ditar a resolución da concesión.

Artigo 11. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fai, se terá por desistida na súa petición, logo da correspondente resolución.

A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os mencionados requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, en que se indicarán as causas desta.

Artigo 12. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidente: a persoa titular da subdirección xeral de Administración e Seguridade Industrial ou persoa na que delegue.

b) Vogais: as persoas responsables de cada un dos departamentos territoriais da Consellería de Economía e Industria ou unha persoa funcionaria designada por elas.

c) Secretaría: a persoa titular do Servizo de Seguridade Industrial ou unha persoa funcionaria designada pola persoa titular da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Poderá estar asistida polo persoal técnico que se considere necesario.

3. Na relación valorada de solicitudes figurará a avaliación que lle corresponde a cada proxecto segundo os criterios recollidos no artigo seguinte.

Artigo 13. Criterios de valoración

Os proxectos que se presenten serán técnica e economicamente viables, ademais o procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva, establecéndose os seguintes criterios de valoración das solicitudes:

1. Impacto das tipoloxías de actuación na mellora dos servizos ofrecidos (ata un máximo de 75 puntos).

– Sistemas e equipamentos dixitais para a mellora da xestión operativa: 7,5 puntos.

– Sistemas e equipamentos dixitais para a mellora do pagamento: 7,5 puntos.

– Implantación de sistemas de retirada de diñeiro en efectivo: 7,5 puntos.

– Integración de plataformas dixitais para optimizar a adquisición de produtos e servizos: 7,5 puntos.

– Sistemas e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo: 10 puntos.

– Sistemas de alimentación ininterrompida asociados aos equipamentos dixitais: 10 puntos.

– Grupos electróxenos destinados a garantir a subministración de enerxía eléctrica: ata 12,5 puntos.

– Implantación de desfibriladores: 12,5 puntos.

2. Contribución ao desenvolvemento económico e social de zonas rurais (ata un máximo de 25 puntos).

As estacións de servizo obterán unha puntuación calculada en función da poboación da parroquia en que se atopan, cunha asignación lineal, correspondendo 25 puntos ao establecemento situado na parroquia coa menor poboación e 0 puntos ao establecemento situado na parroquia coa maior poboación, dentro das solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria. Para estes efectos, as cifras de poboación das parroquias tomaranse dos valores máis recentes que figuren publicados na web do Instituto Galego de Estatística (IGE) no momento da avaliación das solicitudes.

No caso de empates na puntuación terán preferencia os proxectos presentados segundo a seguinte orde: 1º) solicitudes con maior puntuación no número 1 dos criterios; 2º) solicitudes presentadas en que a estación de servizo estea situada nun concello con menor número de habitantes. No caso de persistir o empate, a orde de prelación será a de presentación no rexistro de entrada.

Artigo 14. Resolución e notificación

1. Á vista da relación valorada das solicitudes e da relación de expedientes que derive do disposto no artigo 11.4, o órgano instrutor emitirá a proposta de resolución que elevará á conselleira de Economía e Industria.

2. Os expedientes que, formando parte da listaxe de valoración, non resulten propostos para o seu financiamento por esgotamento do crédito dispoñible, proporanse para a súa incorporación nunha listaxe de agarda para seren atendidos, ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co posible incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

3. A persoa titular da Consellería de Economía e Industria, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos a identificación da persoa beneficiaria, a actuación que se subvenciona, o custo elixible da actuación, a contía da axuda e o carácter de minimis da subvención, facendo referencia ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. Ademais, terase en conta o establecido no artigo 34.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, que se contará a partir do seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

5. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 da Lei 39/2015, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios da Consellería Economía e Industria. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG poderá remitirse aos beneficiarios a que consulten información detallada da resolución no taboleiro de anuncios antes citado.

As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente, con indicación das causas de desestimación. Non obstante, poderase substituír a dita notificación individual pola publicación no DOG, coa indicación de que os non beneficiarios consulten a información detallada da súa resolución no taboleiro da Consellería de Economía e Industria.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

A persoa beneficiaria deberá achegar toda a documentación que se vexa modificada en relación coa validada ao ditar a resolución de concesión, de forma que a nova documentación achegada será validada polo órgano instrutor co obxecto de verificar o cumprimento do establecido nestas bases reguladoras.

2. Poderase acordar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria, debendo cumprirse os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A modificación debe solicitarse cunha antelación mínima dun mes á data de finalización do prazo de realización da actuación subvencionable.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Economía e Industria, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta é expresa, ou, se non é expresa, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta é expresa, ou de seis meses que se contarán a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015.

Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias, sen prexuízo das demais obrigas que figuran no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións

2. Xustificar ante o órgano concedente a realización da actividade, así como o cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión e o desfrute da subvención. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os equipamentos subvencionados deberán permanecer destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior a dous anos tal como recolle o artigo 31.4.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Manter o volume de emprego equivalente declarado xunto coa solicitude de axuda durante un período mínimo de dous anos, con independencia da identidade das persoas traballadoras.

5. Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

7. Subministrar toda a información necesaria para que a Consellería poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

8. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta axuda e conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de dous anos.

9. En cumprimento do artigo 15.3 da Lei de 9/2007, de subvencións de Galicia, no caso de promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberán constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia.

10. En relación coa publicidade do financiamento, o beneficiario deberá, durante a realización do proxecto, e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou número de empregos, informar o público do apoio obtido da Xunta de Galicia colocando nun lugar ben visible para o público un cartel informativo sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), conforme o modelo indicado no anexo V.

11. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Subcontratación polos beneficiarios das actividades subvencionadas

Permítese a subcontratación total ou parcial ata o 100 % das actuacións, que estará suxeita ao disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao disposto no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Xustificación da subvención

1. Para cobraren a subvención, as persoas beneficiarias terán ata o 31 de outubro de 2026 para presentar electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá do beneficiario, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a seguinte documentación:

a) Facturas orixinais das actuacións realizadas, nas cales os gastos aparecerán desagregados por conceptos ou unidades de obra. Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegar unha copia auténtica electrónica da factura orixinal en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa reguladora do procedemento administrativo común.

b) Xustificantes de pagamento das facturas nos cales deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento.

Non se admitirán os pagamentos en efectivo, así como os xustificantes obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

1º. Xustificante bancario (transferencia bancaria ou certificación bancaria), en que conste o titular da conta desde a cal se realiza a operación, que debe coincidir en todo caso coa persoa beneficiaria da subvención, o receptor do pagamento (empresa ou autónomo) e o número da factura obxecto de pagamento.

2º. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta da persoa beneficiaria dentro do prazo de xustificación.

Tanto no caso do cheque nominativo como de nota promisoria, para os efectos de data de pagamento, considerarase a data de cargo na conta do extracto bancario. En ningún caso se considerará como data de pagamento efectivo a entrega do cheque ao provedor.

No suposto de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase anexar unha relación delas, asinada polo representante legal da persoa beneficiaria.

No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.

c) Informe técnico da actuación realizada en que se describa a realización total do proxecto ou actuación e os datos e incidencias máis significativas na súa execución.

d) Nos casos en que proceda, xustificante de solicitude de inscrición no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria, no cal se recolla tanto a identificación do titular da instalación como o código de acceso, para ter a posibilidade de verificación, se é necesario.

e) Fotografía do cartel informativo a que se refire o artigo 18.9 destas bases reguladoras.

f) Fotografías dos equipamentos principais instalados no lugar, incluíndo cando proceda fotografías das placas de características técnicas dos equipamentos.

g) Anexo VI: declaración actualizada do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía.

2. Transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención sen ter sido presentada esta pola persoa beneficiaria perante o órgano administrativo competente, este requirirá a beneficiarioa para que no prazo improrrogable de dez días hábiles a presente.

A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

3. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación das subvencións aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas persoas beneficiarias, porao no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez días para a súa corrección.

4. Os órganos competentes da Consellería Economía e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. No caso de que non sexan remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale, entenderase que renuncia á subvención.

Artigo 21. Comprobación e pagamento das axudas

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao seu pagamento, realizarán as actuacións de comprobación oportunas para verificar a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión ou desfrute da subvención.

2. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe da axuda respecto ao custo total do investimento.

3. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

Artigo 22. Incumprimentos, reintegros e sancións

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial poderá apreciar un incumprimento parcial, polo que deberá propoñer a resolución sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, de ser o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos de base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, e deberán, de ser o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e entidade da condición incumprida de acordo coa seguinte gradación:

1º. Non comunicar á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actuacións subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención, suporá a perda dun 5 % da subvención unha vez recalculada e descontando o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

2º. Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 18 destas bases, así como non axustarse os carteis ao formato e ás dimensións mínimas establecidas no anexo V, suporá a perda dun 5 % da subvención concedida.

3. Incumprimento total, coa revogación da axuda concedida e reintegro, se é o caso, das cantidades percibidas, nos seguintes casos:

– Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

– Cando non se xustifique ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

– Cando non permitan someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Para facer efectiva a devolución a que se refiren os puntos anteriores tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Control

1. A Consellería de Economía e Industria poderá facer as actividades de control que considere oportunas para verificar o cumprimento das subvencións.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas ao labor interventor e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establecen a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa obriga por parte dos beneficiarios de achegar canta documentación lles sexa requirida no exercicio das anteriores actuacións.

Artigo 24. Remisión normativa

As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras rexeranse, entre outras, polas seguintes normas:

a) Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 2831, do 15 de decembro de 2023).

b) Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

Para todo o non disposto nestas bases observarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Modelo de cartel informativo

missing image file

Características:

1. Tamaño mínimo A3.

2. O material deberá ser resistente: aluminio, metacrilato ou similar.

3. Texto: empregarase a tipografía Xunta Sans en cor branca con referencia Pantone white/RGB 255,255,255 sobre un fondo azul, Pantone 7461 C/RGB 0,123,196.

4. Logotipos e marxes:

• O logotipo Xunta de Galicia ocupará o ancho do soporte cunha marxe ao seu redor da metade do ancho do escudo.

• A altura do logotipo da entidade solicitante será como máximo o 60 % da altura do logotipo Xunta de Galicia.

missing image file
missing image file

ANEXO VII

Concellos de máis de 20.000 habitantes

Provincia

Código concello

A Coruña

15002 Ames

A Coruña

15005 Arteixo

A Coruña

15017 Cambre

A Coruña

15019 Carballo

A Coruña

15030 Coruña, A

A Coruña

15031 Culleredo

A Coruña

15036 Ferrol

A Coruña

15054 Narón

A Coruña

15058 Oleiros

A Coruña

15073 Ribeira

A Coruña

15078 Santiago de Compostela

Lugo

27028 Lugo

Ourense

32054 Ourense

Pontevedra

36008 Cangas

Pontevedra

36017 Estrada, A

Pontevedra

36024 Lalín

Pontevedra

36026 Marín

Pontevedra

36038 Pontevedra

Pontevedra

36039 Porriño, O

Pontevedra

36042 Ponteareas

Pontevedra

36045 Redondela

Pontevedra

36057 Vigo

Pontevedra

36060 Vilagarcía de Arousa

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes. Extraído de: http://www.ine.es
(7.1.2025)

Parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais

(Fonte: Orde do 9 de febreiro de 2017 pola que se determinan as parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais para os efectos das deducións previstas no número sete do artigo 16 e no oito do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo (DOG núm. 29, do 10 de febreiro de 2017)

Provincia

Concello

Código concello

Parroquia

A Coruña

Ames

15002

Ames (San Tomé)

A Coruña

Ames

15002

Covas (Santo Estevo)

A Coruña

Ames

15002

Agrón (San Lourenzo)

A Coruña

Ames

15002

Ameixenda (Santa María)

A Coruña

Ames

15002

Lens (San Paio)

A Coruña

Ames

15002

Piñeiro (San Mamede)

A Coruña

Ames

15002

Tapia (San Cristovo)

A Coruña

Ames

15002

Trasmonte (Santa María)

A Coruña

Arteixo

15005

Armentón (San Pedro)

A Coruña

Arteixo

15005

Barrañán (San Xián)

A Coruña

Arteixo

15005

Chamín (Santaia)

A Coruña

Arteixo

15005

Lañas (Santa Mariña)

A Coruña

Arteixo

15005

Larín (Santo Estevo)

A Coruña

Arteixo

15005

Loureda (Santa María)

A Coruña

Arteixo

15005

Morás (Santo Estevo)

A Coruña

Arteixo

15005

Monteagudo (San Tomé)

A Coruña

Arteixo

15005

Sorrizo (San Pedro)

A Coruña

Cambre

15017

Andeiro (San Martiño)

A Coruña

Cambre

15017

Brexo (San Paio)

A Coruña

Cambre

15017

Bribes (San Cibrán)

A Coruña

Cambre

15017

Cela (San Xulián)

A Coruña

Cambre

15017

Meixigo (San Lourenzo)

A Coruña

Cambre

15017

Vigo (Santa María)

A Coruña

Carballo

15019

Berdillo (San Lourenzo)

A Coruña

Carballo

15019

Bértoa (Santa María)

A Coruña

Carballo

15019

Goiáns (Santo Estevo)

A Coruña

Carballo

15019

Sísamo (Santiago)

A Coruña

Carballo

15019

Aldemunde (Santa María Madanela)

A Coruña

Carballo

15019

Artes (San Xurxo)

A Coruña

Carballo

15019

Cances (San Martiño)

A Coruña

Carballo

15019

Entrecruces (San Xens)

A Coruña

Carballo

15019

Lema (San Cristovo)

A Coruña

Carballo

15019

Noicela (Santa María)

A Coruña

Carballo

15019

Oza (San Breixo)

A Coruña

Carballo

15019

Razo (San Martiño)

A Coruña

Carballo

15019

Rebordelos (San Salvador)

A Coruña

Carballo

15019

Rus (Santa María)

A Coruña

Carballo

15019

Sofán (San Salvador)

A Coruña

Carballo

15019

Vilela (San Miguel)

A Coruña

Culleredo

15031

Castelo (Santiago)

A Coruña

Culleredo

15031

Celas (Santa María)

A Coruña

Culleredo

15031

Ledoño (San Pedro)

A Coruña

Culleredo

15031

Sésamo (San Martiño)

A Coruña

Culleredo

15031

Sueiro (Santo Estevo)

A Coruña

Culleredo

15031

Veiga (San Silvestre)

A Coruña

Ferrol

15036

Brión (Santa María)

A Coruña

Ferrol

15036

Doniños (San Román)

A Coruña

Ferrol

15036

Leixa (San Pedro)

A Coruña

Ferrol

15036

Mandiá (Santa Uxía)

A Coruña

Ferrol

15036

Covas (San Martiño)

A Coruña

Ferrol

15036

Esmelle (San Xoán)

A Coruña

Ferrol

15036

San Xurxo da Mariña (San Xurxo)

A Coruña

Ferrol

15036

Marmancón (San Pedro)

A Coruña

Narón

15054

Castro (Santa María)

A Coruña

Narón

15054

San Xiao de Narón (San Xiao)

A Coruña

Narón

15054

Sedes (Santo Estevo)

A Coruña

Narón

15054

O Val (Santa María a Maior)

A Coruña

Narón

15054

Trasancos (San Mateo)

A Coruña

Narón

15054

Doso (San Lourenzo)

A Coruña

Narón

15054

Pedroso (San Salvador)

A Coruña

Oleiros

15058

Dexo (Santa María)

A Coruña

Ribeira

15073

Artes (San Xián)

A Coruña

Ribeira

15073

Oleiros (San Martiño)

A Coruña

Ribeira

15073

Olveira (Santa María)

A Coruña

Ribeira

15073

Corrubedo (Santa María)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Aríns (San Martiño)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

A Barciela (Santo André)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Cesar (Santa María)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Figueiras (Santa María)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

A Peregrina (Santa María)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Busto (San Pedro)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

O Carballal (San Xulián)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

A Enfesta (San Cristovo)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Fecha (San Xoán)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Grixoa (Santa María)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Marantes (San Vicente)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Nemenzo (Santa Cristina)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Sabugueira (San Paio)

A Coruña

Santiago de Compostela

15078

Verdía (Santa Mariña)

Lugo

Lugo

27028

San Mamede dos Anxos (San Mamede)

Lugo

Lugo

27028

Benade (Santo Estevo)

Lugo

Lugo

27028

Santo André de Castro (Santo André)

Lugo

Lugo

27028

Cuíña (Santalla)

Lugo

Lugo

27028

Esperante (Santalla)

Lugo

Lugo

27028

San Salvador de Muxa (San Salvador)

Lugo

Lugo

27028

Muxa (Santa María)

Lugo

Lugo

27028

Orbazai (San Miguel)

Lugo

Lugo

27028

Piúgos (Santiago)

Lugo

Lugo

27028

Soñar (San Pedro)

Lugo

Lugo

27028

O Veral (San Vicente)

Lugo

Lugo

27028

Adai (Santa María Madanela)

Lugo

Lugo

27028

Santa María de Alta (Santa María)

Lugo

Lugo

27028

San Xoán do Alto (San Xoán)

Lugo

Lugo

27028

Bacurín (San Miguel)

Lugo

Lugo

27028

Bascuas (Santa María)

Lugo

Lugo

27028

Bazar (San Remixio)

Lugo

Lugo

27028

Bocamaos (San Xillao)

Lugo

Lugo

27028

Santalla de Bóveda de Mera (Santalla)

Lugo

Lugo

27028

Bóveda (Santa María)

Lugo

Lugo

27028

O Burgo (San Vicente)

Lugo

Lugo

27028

Calde (San Pedro)

Lugo

Lugo

27028

Camoira (Santo Estevo)

Lugo

Lugo

27028

San Xoán do Campo (San Xoán)

Lugo

Lugo

27028

Carballido (San Martiño)

Lugo

Lugo

27028

Coeo (San Vicente)

Lugo

Lugo

27028

Coeses (Santa María Madanela)

Lugo

Lugo

27028

Santa Marta de Fixós (Santa Marta)

Lugo

Lugo

27028

Gondar (Santa María)

Lugo

Lugo

27028

Ombreiro (San Martiño)

Lugo

Lugo

27028

Labio (San Pedro)

Lugo

Lugo

27028

Lamas (Santalla)

Lugo

Lugo

27028

Mazoi (Santalla)

Lugo

Lugo

27028

Meilán (Santiago)

Lugo

Lugo

27028

San Pedro de Mera (San Pedro)

Lugo

Lugo

27028

Monte de Meda (Santa María Madanela)

Lugo

Lugo

27028

O Outeiro das Camoiras (San Salvador)

Lugo

Lugo

27028

Pedreda (San Vicente)

Lugo

Lugo

27028

San Xoán de Pena (San Xoán)

Lugo

Lugo

27028

Pías (San Vicente)

Lugo

Lugo

27028

San Martiño de Piñeiro (San Martiño)

Lugo

Lugo

27028

Poutomillos (San Martiño)

Lugo

Lugo

27028

Prógalo (Santiago)

Lugo

Lugo

27028

Recimil (San Lourenzo)

Lugo

Lugo

27028

Ribas de Miño (San Mamede)

Lugo

Lugo

27028

Romeán (San Pedro)

Lugo

Lugo

27028

Rubiás (San Xillao)

Lugo

Lugo

27028

Saa (Santiago)

Lugo

Lugo

27028

San Román (Santa Cristina)

Lugo

Lugo

27028

Santa Comba (San Pedro)

Lugo

Lugo

27028

Teixeiro (Santa María)

Lugo

Lugo

27028

Tirimol (San Xoán)

Lugo

Lugo

27028

Torible (Santa Mariña)

Lugo

Lugo

27028

Vilachá de Mera (San Xillao)

Ourense

Ourense

32054

Ceboliño (Bo Xesús)

Ourense

Ourense

32054

Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

Ourense

Ourense

32054

Reza (Santa María)

Ourense

Ourense

32054

Velle (Santa Marta)

Ourense

Ourense

32054

Vilar de Astrés (Purísima Concepción)

Ourense

Ourense

32054

Canedo (San Miguel)

Ourense

Ourense

32054

Arrabaldo (Santa Cruz)

Ourense

Ourense

32054

Beiro (Santa Baia)

Ourense

Ourense

32054

O Castro de Beiro (Santo André)

Ourense

Ourense

32054

Palmés (San Mamede)

Ourense

Ourense

32054

Trasalba (San Pedro)

Ourense

Ourense

32054

Untes (Santo Estevo)

Pontevedra

Cangas

36008

Aldán (San Cibrán)

Pontevedra

Cangas

36008

O Hío (Santo André)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Cora (San Miguel)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Agar (Santa Mariña)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Aguións (Santa María)

Pontevedra

Estrada, A

36017

San Pedro de Ancorados (San Pedro)

Pontevedra

Estrada, A

36017

San Tomé de Ancorados (San Tomé)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Arca (San Miguel)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Baloira (San Salvador)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Barbude (San Martiño)

Pontevedra

Estrada, A

36017

San Miguel de Barcala (San Miguel)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Barcala (Santa Mariña)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Berres (San Vicenzo)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Callobre (San Martiño)

Pontevedra

Estrada, A

36017

San Miguel de Castro (San Miguel)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Cereixo (San Xurxo)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Codeseda (San Xurxo)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Couso (Santa María)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Curantes (San Miguel)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Frades (Santa María)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Lagartóns (Santo Estevo)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Lamas (San Breixo)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Liripio (San Xoán Bautista)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Loimil (Santa María)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Matalobos (Santa Baia)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Moreira (San Miguel)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Nigoi (Santa María)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Olives (Santa María)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Orazo (San Pedro)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Parada (San Pedro)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Paradela (Santa María)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Pardemarín (Santa Baia)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Remesar (San Cristovo)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Ribeira (Santa Mariña)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Ribela (Santa Mariña)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Riobó (San Martiño)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Rubín (Santa María)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Sabucedo (San Lourenzo)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Santeles (San Xoán)

Pontevedra

Estrada, A

36017

A Somoza (Santo André)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Souto (Santo André)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Tabeirós (Santiago)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Toedo (San Pedro)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Santo André de Vea (Santo André)

Pontevedra

Estrada, A

36017

San Xurxo de Vea (San Xurxo)

Pontevedra

Estrada, A

36017

San Xiao de Vea (San Xiao)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Vinseiro (Santa Cristina)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Arnois (San Xiao)

Pontevedra

Estrada, A

36017

Oca (Santo Estevo)

Pontevedra

Lalín

36024

Botos (San Xoán)

Pontevedra

Lalín

36024

A Xesta (San Fiz)

Pontevedra

Lalín

36024

Goiás (San Miguel)

Pontevedra

Lalín

36024

Xaxán (Santa María da Saleta)

Pontevedra

Lalín

36024

Moneixas (Santo Adrao)

Pontevedra

Lalín

36024

Albarellos (Santa María)

Pontevedra

Lalín

36024

Alemparte (Santa María)

Pontevedra

Lalín

36024

Anseán (Santiago)

Pontevedra

Lalín

36024

Anzo (San Xoán)

Pontevedra

Lalín

36024

Barcia (Santo Estevo)

Pontevedra

Lalín

36024

Bendoiro (San Miguel)

Pontevedra

Lalín

36024

Bermés (Santa María)

Pontevedra

Lalín

36024

Busto (San Facundo)

Pontevedra

Lalín

36024

Cadrón (Santo Estevo)

Pontevedra

Lalín

36024

Camposancos (San Cristovo)

Pontevedra

Lalín

36024

Cangas (Santa Mariña)

Pontevedra

Lalín

36024

Castro de Cabras (San Pedro)

Pontevedra

Lalín

36024

Catasós (Santiago)

Pontevedra

Lalín

36024

O Cello (San Martiño)

Pontevedra

Lalín

36024

Cercio (Santiago)

Pontevedra

Lalín

36024

Cristimil (San Xurxo)

Pontevedra

Lalín

36024

Doade (San Pedro)

Pontevedra

Lalín

36024

Donsión (Santa Baia)

Pontevedra

Lalín

36024

Filgueira (Santa María)

Pontevedra

Lalín

36024

Galegos (San Miguel)

Pontevedra

Lalín

36024

Gresande (Santiago)

Pontevedra

Lalín

36024

Lebozán (Santiago)

Pontevedra

Lalín

36024

Lodeiro (San Paio)

Pontevedra

Lalín

36024

Losón (Santa Baia)

Pontevedra

Lalín

36024

Maceira (San Martiño)

Pontevedra

Lalín

36024

Madriñán (Santo Adrao)

Pontevedra

Lalín

36024

Méixome (Santiago)

Pontevedra

Lalín

36024

Moimenta (San Lourenzo)

Pontevedra

Lalín

36024

Noceda (Santa María)

Pontevedra

Lalín

36024

Palmou (San Xoán)

Pontevedra

Lalín

36024

Parada (Santa María)

Pontevedra

Lalín

36024

Prado (San Martiño)

Pontevedra

Lalín

36024

Rodís (San Xiao)

Pontevedra

Lalín

36024

Santiso (San Román)

Pontevedra

Lalín

36024

Sello (Santiago)

Pontevedra

Lalín

36024

Soutolongo (Santa María)

Pontevedra

Lalín

36024

Val do Carrio (Santo André)

Pontevedra

Lalín

36024

A Veiga (San Ramón)

Pontevedra

Lalín

36024

Vilanova (San Xoán)

Pontevedra

Lalín

36024

Vilatuxe (San Lourenzo)

Pontevedra

Lalín

36024

Zobra (Santa Mariña)

Pontevedra

Marín

36026

San Tomé de Piñeiro (San Tomé)

Pontevedra

Pontevedra

36038

Alba (Santa María)

Pontevedra

Pontevedra

36038

Verducido (San Martiño)

Pontevedra

Pontevedra

36038

Bora (Santa Mariña)

Pontevedra

Pontevedra

36038

Cerponzóns (San Vicente)

Pontevedra

Pontevedra

36038

Xeve (Santo André)

Pontevedra

Pontevedra

36038

Santa María de Xeve (Santa María)

Pontevedra

Pontevedra

36038

A Canicouva (Santo Estevo)

Pontevedra

Porriño, O

36039

San Salvador de Budiño (San Salvador)

Pontevedra

Porriño, O

36039

Cans (Santo Estevo)

Pontevedra

Porriño, O

36039

Chenlo (San Xoán)

Pontevedra

Porriño, O

36039

Mosende (San Xurxo)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Angoares (San Pedro)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Arcos (San Breixo)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Areas (Santa María)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Arnoso (San Lourenzo)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Bugarín (Santa Cristina)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Celeiros (San Fins)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Xinzo (Santa Mariña)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Guláns (San Xulián)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Moreira (San Martiño)

Pontevedra

Ponteareas

36042

San Mateo de Oliveira (San Mateo)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Oliveira (Santiago)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Pías (Santa Mariña)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Prado (San Nicolao)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Ribadetea (San Xurxo)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Cristiñade (San Salvador)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Cumiar (Santo Estevo)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Fozara (San Bartolomeu)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Guillade (San Miguel)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Nogueira (San Salvador)

Pontevedra

Ponteareas

36042

San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Padróns (San Salvador)

Pontevedra

Ponteareas

36042

Paredes (San Cibrán)

Pontevedra

Redondela

36045

Quintela (San Mamede)

Pontevedra

Redondela

36045

Saxamonde (San Román)

Pontevedra

Vigo

36057

Zamáns (San Mamede)

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

36060

Bamio (San Xens)

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

36060

Solobeira (San Fins)