Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval por CTC, que se realizarán na casa do concello de Redondela, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosar o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 26 de decembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/126-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS RED709 e substitución CTI Cadaval por CTC.
Concello: Redondela.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Data |
Hora |
|
1 |
36045A018009370000WU |
O Rego de Abaixo |
Herdeiros de Ángel Outerelo Ledo |
4 de marzo de 2026 |
13.00 |
