Mediante a Resolución do 17 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2025/001-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase á persoa titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
A persoa interesada, ou o seu representante, deberán comparecer no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º, (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 9 de xaneiro de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2025/001-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: modificado I de LMT, CT, RBT San Cibrao das Viñas.
Situación: concello de San Cibrao das Viñas.
Predio núm. en proxecto: 1; Referencia catastral: 32076A001001690000UK.
Lugar: Farixa.
Cultivo: matogueira.
Titular: Ana María Delgado Blanco.
Afectacións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D219 e 33 m2 para canalización soterrada.
