O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de setembro a decembro de 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego,
Comercio e Emigración
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego,
Comercio e Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro
do ano 2025
|
Título |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega económica da Consellería (€) |
|
Convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as organizacións sindicais e empresariais participantes no diálogo social en Galicia, para o impulso do proceso e o desenvolvemento e seguimento dos acordos asinados |
O obxecto deste convenio é promover o diálogo social a través da participación nas mesas de negociación; da execución de medidas por parte das organizacións sindicais e empresariais estipuladas na cláusula segunda do convenio, e do seguimento e a avaliación permanente dos acordos e medidas. |
7.10.2025 |
400.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Summia Consultores, S.L. para o desenvolvemento de prácticas non laborais |
O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Summia Consultores, S.L. |
16.9.2025 |
Sen contido económico |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Unayta Oficina sin Papeles, S.L., para o desenvolvemento de prácticas non laborais |
O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Unayta Oficina sin Papeles, S.L. |
22.9.2025 |
Sen contido económico |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e Xenética Fontao, S.A., para o desenvolvemento de prácticas non laborais |
O obxecto deste convenio é a realización de prácticas non laborais nos centros de traballo da empresa Xenética Fontao, S.A. |
1.10.2025 |
Sen contido económico |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Concello da Coruña, para a acreditación da formación para o emprego impartida polo Servizo Municipal de Emprego e Empresa do Concello da Coruña |
Modificar e actualizar as accións formativas recollidas no punto noveno da parte expositiva do convenio e prorrogar a súa duración ata o 30 de xuño de 2027. |
29.12.2025 |
Sen contido económico |
|
Convenio Clúster comunicación Galicia para o programa Alento |
Prestación de servizos de márketing e comunicación á comunidade emprendedora, integrados no programa anual de actividades do centro de orientación, emprendemento, acompañamento e innovación para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. |
7.10.2025 |
120.000,00 € |
|
Convenio USC e CEG Proxecto GEM |
Desenvolvemento do Global Enterpeneurship Monitor (proxecto GEM) en España a nivel rexional. |
9.9.2025 |
40.000,00 € |
|
Convenio Cámara A Coruña-Polo Ferrol |
Desenvolvemento das actividadade do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol. |
9.9.2025 |
240.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Salvador de Bahía, no Brasil |
Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial. |
9.10.2025 |
5.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Casa de España en Río de Janeiro, co fin de contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega alí residente e para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Río de Janeiro, no Brasil |
Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro que, por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teña problemas de autonomía persoal, así como manter unha oficina de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial. |
28.10.2025 |
25.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación de sociedades galegas de Cuba, para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e das oficinas das provincias |
Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial. |
7.10.2025 |
20.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Irmandade Galega de Venezuela para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas, Venezuela |
Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial. |
7.10.2025 |
20.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Arquidiocese de Santiago de Compostela, para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia |
Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas, contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, desde 1850 ata o momento presente. |
16.10.2025 |
10.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Diocese de Ourense, para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia |
Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas, contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense. |
18.10.2025 |
8.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol, para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia |
Establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas, contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol. |
18.9.2025 |
5.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos, para a atención das necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Santos, no Brasil |
Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía de orixe galega residente en Santos (Brasil) que, por razóns de idade ou estado físico, careza de autonomía persoal e/ou que se encontre en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa. |
9.10.2025 |
10.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, coa finalidade de contribuír á atención das necesidades asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de asistencia social de São Paulo (Brasil) |
Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes, co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de asistencia social. |
14.10.2025 |
10.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a entidade A.C.G. Casas de Galicia de Barcelona e provincia, para o reacondicionamento do local e a reposición de equipamento afectado por un incendio |
Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o reacondicionamento do local e a reposición de diversos equipamentos afectados polo incendio da sede social da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, entidade que forma parte da A. C. G. Casas de Galicia de Barcelona e provincia. |
3.11.2025 |
8.334,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Ourensán de Montevideo, para adaptar a sede e comprar equipamento coa finalidade de albergar nela a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai |
Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o acondicionamento de espazos e a compra de equipamentos para a sede social do Centro Ourensán de Montevideo, coa finalidade de albergar nela a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai. |
03.11.2025 |
21.432,17 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Mos, para o desenvolvemento da III edición do programa Queda en Mos |
Establecer as bases de colaboración entre a Consellería e o Concello para o desenvolvemento da III edición do programa Queda en Mos. |
21.10.2025 |
30.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas para a rehabilitación e o deseño interior da nova praza de abastos |
Reaxustar as actuacións subvencionadas e ampliar o prazo de xustificación ata o 15 de decembro de 2025. |
3.11.2025 |
Non modifica a contía inicial |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadavia, para o desenvolvemento do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas |
Modificar o anexo I. |
24.11.2025 |
Non modifica a contía inicial |
