DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2026 Páx. 6850

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de acordo social para o servizo de atención temperá.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-0112, do 14 de xaneiro de 2026, aprobouse o expediente de concerto social e del forma parte o prego de condicións para prestar o servizo de atención temperá, así como a convocatoria do concerto social con envío de anuncio ao Diario Oficial de Galicia e apertura do procedemento para presentar proposicións.

O prego de condicións regula o prazo de presentación, os requisitos das entidades participantes, os criterios de valoración, as condicións técnicas de prestación do concerto social, o prezo e as obrigas e dereitos das partes. Este prego pódese consultar na sede electrónica municipal, a través do taboleiro de anuncios electrónico: https://redondela.gal/sede-electronica

Redondela, 15 de xaneiro de 2025

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa