De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas a seguir, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
|
Número expediente |
Referencia catastral |
Parroquia |
Titulares catastrales |
|
2025/V001/000103 |
4190602NH4949S |
Pastoriza |
En investigación |
|
2025/V001/000175 |
15005A01000211 |
Arteixo |
D.G.C. |
|
2025/V001/000179 |
1160402NH4916S |
Arteixo |
B.M.M. |
|
2025/V001/000191 |
15005A08300241 |
Arteixo |
En investigación |
|
2025/V001/000230 |
0556706NH4905N |
Arteixo |
J.C.M.C. (H.D) |
|
2025/V001/000258 |
9152519NH3995S |
Arteixo |
M.P.M. |
|
2025/V001/000317 |
3377606NH4937N |
Pastoriza |
J.M.R. (E.O) |
En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado), para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas.
Transcorrido o dito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.
Arteixo, 30 de decembro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente
