DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2026 Páx. 7203

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

BDNS (Identif.): 882879.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882879

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais de reparación de redes e as súas federacións, así como as demais asociacións de profesionais xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

A Orde ten por obxecto establecer, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para accións formativas, financiadas polo FEMPA, que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

Cuarto. Contía

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de oitocentos mil euros (800.000,00 €) para o ano 2026, con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.03.422K.770.0 e 16.03.422K.781.0, código de proxecto 202300177, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O detalle da distribución do crédito é o seguinte:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Anualidade 2026

16.03.422K.770.0

2023 00177

720.000,00 €

16.03.422K.781.0

2023 00177

80.000,00 €

Total

800.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o quinto día hábil posterior ao día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería do Mar, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.

b) O 20 de outubro de 2026.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar