O Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao Fondo Social Europeo Plus (FSEP), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados, fixa no seu artigo 5 uns obxectivos políticos entre os que se recolle unha Europa máis verde e hipocarbónica, mediante a promoción dunha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos.
O Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2017/1004, recolle no seu artigo 3, que o FEMPA contribuirá á aplicación da política pesqueira común (PPC) e da política marítima da Unión e terá entre as súas prioridades fomentar unha pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.
Dentro desta prioridade a axuda contribuirá ao logro do obxectivo específico de reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e ambientalmente sustentables e encadrarase dentro do tipo de actividade 1.1.9 Formación.
A natureza das accións formativas irá encamiñada a promover as condicións para un sector da pesca economicamente viable, competitivo e atractivo a través da realización de accións formativas destinadas á adquisición de novos coñecementos e á mellora de capacidades que impulsen a competitividade do sector, o desenvolvemento profesional, mellores condicións laborais, un uso máis eficiente dos recursos e unha maior sensibilización e respecto ao medio.
As axudas entre os anos 2021 e 2025, dentro dos períodos de programación FEMP e FEMPA, contribuíron a desenvolver preto de 300 actividades formativas que mobilizaron preto de 1.600.000,00 euros, destinados a fomentar o capital humano e a impulsar a competitividade do sector extractivo mellorando as capacidades dos/das traballadores/as do mar e formaron arredor de 3.000 homes e 1.000 mulleres.
En relación co principio de non causar danos significativos, o alcance e as condicións do FEMPA asegúrano. O fondo ten como obxectivo promover a sustentabilidade ambiental no marco da política pesqueira común e a lexislación ambiental da Unión, e inclúe condicións precisas e unha lista de operacións non elixibles para prever operacións daniñas. Ademais, mediante a avaliación do programa sobre a base do punto 5 do artigo 8 do FEMPA, garántese que os tipos de accións descritos no programa sexan coherentes, cando proceda, co principio de non causar danos significativos.
Mediante a Decisión de execución da Comisión, do 29 de novembro de 2022, aprobouse o programa para España do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura para o período 2021-2027, que inclúe as medidas que se desenvolverán para a consecución das prioridades e obxectivos do FEMPA en España. Este programa ten por obxectivo manter a pesca como actividade produtora sustentable a través da conservación dos ecosistemas mariños e debe afrontar importantes retos como a remuda xeracional mediante a mellora das condicións laborais.
A nivel da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, estipula no seu artigo 117 que a consellería competente en materia de pesca realizará as actuacións necesarias para o fomento da formación, capacitación e reciclaxe das persoas profesionais dos distintos sectores, así como daquelas persoas que poidan demandar a dita prestación formativa. O artigo 118 desta lei fixa como obxectivo que as actuacións formativas adaptaranse ás necesidades formativas e de reciclaxe demandadas polo sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola.
Así mesmo, segundo o establecido no artigo 116.3 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, as políticas activas de emprego en Galicia terán en conta de modo prioritario a situación das mulleres do medio rural e do sector marítimo-pesqueiro, implantando programas e medidas destinadas á súa efectiva inserción laboral, así como á mellora da calidade do emprego. Ademais, segundo o establecido no artigo 118.2 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, adoptaranse polos órganos competentes da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia medidas de acción positiva que favorezan o acceso efectivo das mulleres aos estudos e actividades de formación, perfeccionamento e de reciclaxe profesional, conducentes ás titulacións e capacitacións profesionais que permitan a inserción e promoción laboral no sector da pesca, en canto se rexistre infrarrepresentación das mulleres na proporción sinalada na normativa vixente.
O artigo 1.1.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 209, do 29 de outubro), establece que os expedientes de gasto relativos a subvencións se poderán iniciar sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, mesmo cando a súa execución se realice nunha ou en varias anualidades; no primeiro caso, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta que corresponda ao exercicio orzamentario no cal se vaia materializar a contraprestación, e no segundo, sempre que exista crédito para a primeira anualidade e que se cumpran os requisitos do artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
En consecuencia, con cargo aos créditos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro asignados para esta finalidade, e tendo en conta o determinado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2026, para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para accións formativas, financiadas polo FEMPA, que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).
Artigo 2. Marco normativo
Para o outorgamento e a execución das axudas observarase o disposto nesta orde e na seguinte normativa:
– Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao Fondo Social Europeo Plus (FSEP), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados.
– Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2017/1004.
– Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión Europea, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014, e (UE) nº 283/2014, e a Decisión nº 541/2014/UE, e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.
– Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e posteriores modificacións.
– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Decreto 132/2006, do 27 de xullo, en materia de rexistro de axudas, subvencións, convenios e sancións.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
– Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
– Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
– Real decreto 193/2023, do 21 de marzo, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e emprego dos bens e servizos á disposición do público.
– Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia.
– Lei 11/2008, 3 de decembro, de pesca de Galicia.
– Calquera outra norma da Unión Europea, nacional ou autonómica vixente que poida resultar de aplicación.
Artigo 3. Crédito orzamentario
1. Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de oitocentos mil euros (800.000,00 €) para o ano 2026, con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.03.422K.770.0 e 16.03.422K.781.0, código de proxecto 202300177, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.
O detalle da distribución do crédito é o seguinte:
|
Aplicación orzamentaria |
Código do proxecto |
Anualidade 2026 |
|
16.03.422K.770.0 |
2023 00177 |
720.000,00 € |
|
16.03.422K.781.0 |
2023 00177 |
80.000,00 € |
|
Total |
800.000,00 € |
|
Esta orde tramítase ao abeiro do disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e 25 de outubro de 2001, pola que a concesión das subvencións queda sometida á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da súa resolución.
2. Os importes consignados, así como as aplicacións ás cales se imputen, poderán ser ampliados en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto. Se for necesario, poderase redistribuír o crédito entre as aplicacións orzamentarias asignadas a esta convocatoria. En todo caso, a concesión das axudas estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias e respectarase o disposto nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.
3. As axudas recollidas nesta orde están cofinanciadas de acordo coa sección 1, capítulo VII, título II do citado Regulamento (UE) 2021/1139, nun 70 % con fondos FEMPA e nun 30 % con fondos propios da Comunidade Autónoma.
Artigo 4. Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais de reparación de redes e as súas federacións, así como as demais asociacións de profesionais xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Que se atopen nalgún dos supostos establecidos nos números 1, letras a) e b), e 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, durante todo o período de tempo previsto en aplicación deste.
b) As sinaladas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) As incursas nas circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
Artigo 5. Obrigas das entidades beneficiarias
1. As entidades beneficiarias, ao formalizar a solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento dos requisitos e condicións establecidas nesta orde, no documento que establece as condicións da axuda (DECA) e na normativa que poida resultar de aplicación.
2. As entidades beneficiarias deberán:
a) Realizar e xustificar as actividades para as cales se concede a subvención nos termos e prazos indicados nesta orde, na resolución de concesión e na demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a súa comprobación documental e material.
b) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
c) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que se atopan ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución ou a consecución dos fins para os que foi concedida a axuda de que se trate.
e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida en relación coas subvencións e someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente, así como aos órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.
f) Cumprir as condicións de admisión da solicitude durante todo o período de execución da operación e durante un período adicional de cinco anos despois da realización do pagamento á entidade beneficiaria establecidas no artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139. No caso de incumprimento neste período recuperarase a axuda concedida de conformidade cos artigos 44 do citado Regulamento 2021/1139 e 103 do Regulamento (UE) nº 2021/1060. No caso de detectarse infraccións ou fraudes en controis posteriores á concesión da axuda, recuperarase a axuda concedida de conformidade co disposto no artigo 202 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046.
g) Manter un rexistro e asegurarse de que os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba a axuda se conserven adecuadamente durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o organismo intermedio de xestión efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria.
Os rexistros e documentos conservaranse en forma de orixinais ou en forma de copias auténticas ou en soportes de datos comunmente aceptados como versións electrónicas de documentos orixinais ou documentos existentes só en versión electrónica. Cando existan versións electrónicas, non serán necesarios orixinais, se os ditos documentos cumpren os requisitos legais para poder ser considerados equivalentes a orixinais e fiables, para os efectos de auditoría.
h) Facer mención á orixe do financiamento, con expresa mención á porcentaxe de financiamento do FEMPA e da Comunidade Autónoma, e velar por darlle visibilidade, en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público en xeral, de conformidade co artigo 60 do Regulamento (UE) nº 2021/1139.
i) Dar a coñecer a axuda prestada polos fondos ás accións formativas, de conformidade co establecido no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, para o cal:
1º. Se a entidade beneficiaria dispón de web ou contas en redes sociais, realizará unha breve descrición en relación co nivel de axuda, dos seus obxectivos e resultados, e destacará a axuda financeira da UE.
2º. Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público ou aos participantes, incluirán unha declaración que destaque a axuda da UE de maneira visible.
3º. Deberán exhibir nun lugar ben visible para o público un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica con información en que se destaque a axuda do FEMPA.
Cando se realicen actividades de visibilidade, transparencia e comunicación, o emblema da Unión Europea empregarase de conformidade co anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1061.
Cando as entidades beneficiarias non empreguen o emblema da Unión Europea ou incumpran o establecido nesta letra, o organismo intermedio de xestión aplicará medidas, tendo en conta o principio de proporcionalidade, e suporá unha perda de ata un máximo do 3 % da axuda concedida.
j) En calquera actuación incluirán, así mesmo, o logotipo da Xunta de Galicia de conformidade co seu manual de identidade corporativa que responde aos criterios fixados no Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.
k) Levar rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, de conformidade co artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
l) Proporcionar e actualizar toda a información e datos necesarios para poder proceder ao seguimento e avaliación do programa operativo e dar cumprimento ao artigo 42 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e ao artigo 46 do Regulamento (UE) nº 2021/1139, someténdose ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente e os órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma de Galicia, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.
m) Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar e cumprir, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de persoa beneficiaria. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válido para os efectos do cumprimento deste punto, coa condición de que o seu custo sexa por conta do cliente e se faga sen posibilidade de recurso ao provedor, no caso de falta de pagamento.
A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:
1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto seguinte e con suxeición á súa regulación.
2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:
– Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.
– No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, presentarase «informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou, no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.
Os informes de procedementos acordados ou as certificacións deberán realizarse segundo o establecido no artigo 215 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Para os efectos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.
n) Non concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con persoas ou entidades afectadas polas situacións referidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
o) Cumprir coa normativa comunitaria, nacional e rexional vixente segundo a normativa sectorial que resulte de aplicación.
Artigo 6. Accións formativas obxecto de subvención
1. Poderán ser obxecto de subvención as accións formativas desenvoltas na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á formación profesional e á formación permanente do sector pesqueiro, de cara a adquirir novos coñecementos e capacidades que impulsen a competitividade do sector, o desenvolvemento profesional, mellores condicións laborais, un uso máis eficiente dos recursos e unha maior sensibilización e respecto ao medio.
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes accións formativas:
a) Cursos de formación específica marítima e náutico-pesqueira para o sector, dirixidos a operadores e traballadores/as do sector pesqueiro, incluídos os/as traballadores/as por conta allea, os/as pescadores/as profesionais, os/as mariscadores/as a pé, e aos/ás profesionais de reparación de redes e aos seus cónxuxes, parellas de feito ou parellas estables, conforme o establecido no artigo 2.b) da Directiva 2010/41/UE do Parlamento Europeo e do Consello.
Os ditos cursos terán a duración obrigatoria referida no seguinte cadro:
|
Patrón/oa costeiro polivalente (600 h) |
|
Patrón/oa costeiro polivalente-Sección de ponte (350 h) |
|
Patrón/oa costeiro polivalente-Sección de máquinas (250 h) |
|
Patrón/oa local de pesca (250 h) |
|
Patrón/oa local de pesca-Sección de ponte e común (130 h) |
|
Patrón/oa local de pesca-Sección de máquinas (120 h) |
|
Formación básica en seguridade marítima (70 h) |
|
Actualización formación básica en seguridade marítima (16 h) |
|
Operador/a restrinxido/a SMSSM (40 h) |
|
Actualización operador/a restrinxido/a SMSSM (8 h) |
|
Operador/a xeral SMSSM (120 h) |
|
Actualización operador/a xeral SMSSM (16 h) |
|
Patrón/oa portuario/a (150 h) |
|
Mariñeiro/a de ponte (70 h) |
|
Mariñeiro/a de máquinas (70 h) |
|
Radar de punteo automático-ARPA (30 h) |
|
Avanzado en loita contra incendios (24 h) |
|
Actualización avanzado en loita contra incendios (8 h) |
|
Embarcacións supervivencia e botes de rescate non rápidos (24 h) |
|
Actualización embarcacións supervivencia e botes de rescate non rápidos (12 h) |
|
Formación sanitaria específica inicial (22 h) |
|
Actualización formación sanitaria específica inicial (8 h) |
|
Formación sanitaria específica avanzada (40 h) |
|
Actualización formación sanitaria específica avanzada (16 h) |
b) Curso de mariñeiro/a pescador/a, dirixido a todo tipo de persoas que se estean preparando para acceder ao sector. Este curso terá a duración establecida na lexislación vixente.
Todos os cursos referidos nas letras a) e b) deberán cumprir coa lexislación estatal e autonómica aplicable en vigor no momento do desenvolvemento da acción formativa, coa homologación correspondente e coa autorización da administración competente, de ser o caso.
c) Accións formativas orientadas á adquisición ou mellora de competencias dixitais, dirixidas a operadores e traballadores/as do sector pesqueiro, incluídos os/as traballadores/as por conta allea, os/as pescadores/as profesionais, os/as mariscadores/as a pé, e aos/ás profesionais de reparación de redes e aos seus cónxuxes, parellas de feito ou parellas estables, conforme o establecido no artigo 2.b) da Directiva 2010/41/UE do Parlamento Europeo e do Consello.
d) Accións formativas orientadas á adquisición ou mellora de competencias vinculadas á innovación, á xestión empresarial, ao emprendemento, á comercialización e á seguridade alimentaria, dirixidas a operadores e traballadores/as do sector pesqueiro, incluídos os/as traballadores/as por conta allea, os/as pescadores/as profesionais, os/as mariscadores/as a pé, e aos/ás profesionais de reparación de redes e aos seus cónxuxes, parellas de feito ou parellas estables, conforme o establecido no artigo 2.b) da Directiva 2010/41/UE do Parlamento Europeo e do Consello.
e) Accións formativas orientadas á adquisición ou mellora de competencias vinculadas á xestión sustentable dos recursos e ecosistemas mariños e á economía azul, dirixidas a operadores e traballadores/as do sector pesqueiro, incluídos os/as traballadores/as por conta allea, os/as pescadores/as profesionais, os/as mariscadores/as a pé, e aos/ás profesionais de reparación de redes e aos seus cónxuxes, parellas de feito ou parellas estables, conforme o establecido no artigo 2.b) da Directiva 2010/41/UE do Parlamento Europeo e do Consello.
f) Accións formativas orientadas á adquisición ou mellora de competencias en materia de seguridade e hixiene no traballo, prevención de riscos laborais, enfermidades profesionais e trastornos músculo-esqueléticos, xestión da produción, reprodución e xenética, nutrición, patoloxía e xestión sanitaria, lexislación e xestión ambiental, dirixidas a operadores e traballadores/as do sector pesqueiro, incluídos os/as traballadores/as por conta allea, os/as pescadores/as profesionais, os/as mariscadores/as a pé, e aos/ás profesionais de reparación de redes e aos seus cónxuxes, parellas de feito ou parellas estables, conforme o establecido no artigo 2.b) da Directiva 2010/41/UE do Parlamento Europeo e do Consello.
g) Accións formativas orientadas a promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o papel da muller e os grupos infrarrepresentados, dirixidas a operadores e traballadores/as do sector pesqueiro, incluídos os/as traballadores/as por conta allea, os/as pescadores/as profesionais, os/as mariscadores/as a pé, e aos/ás profesionais de reparación de redes e aos seus cónxuxes, parellas de feito ou parellas estables, conforme o establecido no artigo 2.b) da Directiva 2010/41/UE do Parlamento Europeo e do Consello.
h) Accións de transferencia tecnolóxica, seminarios, xornadas e obradoiros en materia de pesca e marisqueo, dirixidas a operadores e traballadores/as do sector pesqueiro, incluídos os/as traballadores/as por conta allea, os/as pescadores/as profesionais, os/as mariscadores/as a pé, e aos/ás profesionais de reparación de redes e aos seus cónxuxes, parellas de feito ou parellas estables, conforme o establecido no artigo 2.b) da Directiva 2010/41/UE do Parlamento Europeo e do Consello.
i) Accións formativas orientadas á adquisición ou mellora de competencias en reparación e mantemento de redes e aparellos de pesca; á adquisición do certificado de profesionalidade e á dinamización e procura de novas alternativas de emprego, así como outras que poidan resultar de interese para os/as profesionais de reparación de redes. Estas actividades estarán dirixidas aos/ás profesionais de reparación de redes e aos seus cónxuxes, parellas de feito ou parellas estables, conforme o establecido no artigo 2.b) da Directiva 2010/41/UE do Parlamento Europeo e do Consello.
Artigo 7. Gastos subvencionables
1. Poderán concederse subvencións para os seguintes gastos, sempre que sexan necesarios para a execución das accións formativas referidas no artigo anterior:
a) Os do persoal docente imprescindible para o desenvolvemento das accións para as que se solicita a subvención. As horas de contratación de persoal serán as mesmas que as da duración das accións formativas.
b) Os de contratación de profesionais, empresas ou entidades prestadoras de servizos.
c) Os de adquisición de material didáctico e equipamento de seguridade individual para o alumnado, necesarios para o desenvolvemento da actividade.
d) Os custos indirectos. Enténdense por custos indirectos aqueles que, aínda que non poden vincularse directamente cunha actividade obxecto de subvención, por teren carácter estrutural, resultan necesarios para a súa realización, como gastos de oficina, administrativos, servizos básicos, subministracións (auga, electricidade, teléfono, gas), etc. Para o cálculo destes custos empregarase o método de financiamento a tipo fixo aplicando unha porcentaxe fixa do 7 % do gasto directo total subvencionable.
e) Seguros de accidentes do alumnado.
f) Gastos necesarios para a realización das probas de natación nos cursos de mariñeiro/a pescador/a.
2. No caso do persoal docente, este debe ter a titulación requirida para impartir os cursos solicitados segundo a normativa aplicable en vigor no momento do seu desenvolvemento. Deberán contar, de ser o caso, coa homologación en vigor do órgano competente segundo os cursos que se vaian impartir.
3. No caso de material e equipamentos, deberán contar coa homologación en vigor do órgano competente segundo os cursos que se van impartir, de ser necesario.
4. Os gastos subvencionables son os custos efectivamente asumidos polo/a perceptor/a da subvención e que se axusten aos seguintes requisitos xerais:
a) Que se contraesen durante o período de execución.
b) Que se consignasen no orzamento estimado total da solicitude.
c) Que sexan necesarios para a execución das actuacións obxecto da subvención.
d) Que sexan identificables e verificables, en particular, que consten na contabilidade da entidade beneficiaria e se inscribisen de acordo coas normas e prácticas contables habituais da entidade beneficiaria en materia de gastos.
e) Que cumpran co disposto na lexislación fiscal e social aplicable.
f) Que sexan razoables e xustificados, e cumpran co principio de boa xestión financeira, en especial no referente á economía e á relación custo/eficacia.
5. O período de execución das accións formativas estará comprendido entre o 1 de xaneiro e o 10 de novembro de 2026.
6. Todos os gastos deben ser efectivamente pagados antes da finalización do prazo de xustificación establecido.
7. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para os contratos menores no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/EU, do 26 de febreiro de 2014, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude, ou, de ser o caso, coa xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía.
Cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa ou non exista no mercado suficiente número de entidades, a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria.
8. A persoa beneficiaria poderá subcontratar a actividade subvencionada ata o 100 %, sempre tendo en conta as limitacións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento.
9. Os importes máximos para os custos directos subvencionables serán por tipo de actividade formativa, como segue:
a) Cursos de formación específica marítima e náutico-pesqueira:
|
Cursos |
Máximo subvencionable |
Importe/hora |
|
Patrón/oa costeiro polivalente (600 h) |
48.000,00 € |
80 €/h |
|
Patrón/oa costeiro polivalente-Sección de ponte (350 h) |
28.000,00 € |
80 €/h |
|
Patrón/oa costeiro polivalente-Sección de máquinas (250 h) |
20.000,00 € |
80 €/h |
|
Patrón/oa local de pesca (250 h) |
20.000,00 € |
80 €/h |
|
Patrón/oa local de pesca-Sección de ponte e común (130 h) |
10.400,00 € |
80 €/h |
|
Patrón/oa local de pesca-Sección de máquinas (120 h) |
9.600,00 € |
80 €/h |
|
Formación básica en seguridade marítima (70 h) |
11.060,00 € |
158 €/h |
|
Actualización formación básica en seguridade marítima (16 h) |
3.200,00 € |
200 €/h |
|
Operador/a restrinxido/a SMSSM (40 h) |
6.000,00 € |
150 €/h |
|
Actualización operador/a restrinxido/a SMSSM (8 h) |
1.600,00 € |
200 €/h |
|
Operador/a xeral SMSSM (120 h) |
13.800,00 € |
115 €/h |
|
Actualización operador/a xeral SMSSM (16 h) |
3.200,00 € |
200 €/h |
|
Patrón/oa portuario/a (150 h) |
15.750,00 € |
105 €/h |
|
Mariñeiro/a de ponte (70 h) |
9.450,00 € |
135 €/h |
|
Mariñeiro/a de máquinas (70 h) |
9.450,00 € |
135 €/h |
|
Radar de punteo automático-ARPA (30 h) |
4.500,00 € |
150 €/h |
|
Avanzado en loita contra incendios (24 h) |
7.200,00 € |
300 €/h |
|
Actualización avanzado en loita contra incendios (8 h) |
3.200,00 € |
400 €/h |
|
Embarcacións supervivencia e botes de rescate non rápidos (24 h) |
7.440,00 € |
310 €/h |
|
Actualización embarcacións supervivencia e botes de rescate non rápidos (12 h) |
4.800,00 € |
400 €/h |
|
Formación sanitaria específica inicial (22 h) |
5.280,00 € |
240 €/h |
|
Actualización formación sanitaria específica inicial (8 h) |
2.000,00 € |
250 €/h |
|
Formación sanitaria específica avanzada (40 h) |
9.600,00 € |
240 €/h |
|
Actualización formación sanitaria específica avanzada (16 h) |
4.000,00 € |
250 €/h |
O número mínimo de alumnos/as será de 10 e o máximo de 20.
b) Para o curso de mariñeiro/a pescador/a o importe máximo subvencionable será de 80 € por hora.
No caso dos cursos de mariñeiro/a pescador/a, adicionalmente, subvencionaranse os gastos necesarios para a realización das probas de natación por un importe máximo de 100 euros/proba.
O número mínimo de alumnos/as será de 10 e o máximo de 20.
c) Para o resto dos cursos o máximo subvencionable será de 25 € por alumno/a e hora de duración da acción formativa, agás nos cursos de competencias dixitais, en que o importe máximo subvencionable será de 30 € por alumno/a e hora de duración da acción formativa.
O número mínimo de alumnos/as será de 8 e o máximo de 20.
Nas actividades formativas levarase un control de asistencia. Con carácter xeral, as faltas de asistencia non poderán superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
10. No caso dos cursos das letras a) e b), non se financiará ningún curso que se inicie con menos de 10 alumnos/as. De forma excepcional e debidamente xustificado, poderase realizar o pagamento de cursos que rematen con menos de 10 alumnos/as.
No caso dos cursos da letra c), non se financiará ningún curso que se inicie con menos de 8 alumnos/as. De forma excepcional e debidamente xustificado, poderase realizar o pagamento de cursos que rematen con menos de 8 alumnos/as, aplicándolles a minoración proporcional correspondente, segundo o referido no artigo 26.2 da presente convocatoria.
11. Aos importes subvencionables engadiráselle, en concepto de custos indirectos, o 7 % dos custos directos segundo o disposto no punto 1.d) do presente artigo.
Artigo 8. Gastos non subvencionables
Non serán subvencionables os seguintes gastos:
a) O imposto de valor engadido (IVE), agás:
1º. Para as operacións cuxo custo total sexa inferior a 5 millóns de euros (IVE incluído).
2º. Para as operacións cuxo custo total sexa de, polo menos, 5 millóns de euros (IVE incluído) cando este non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE.
b) A adquisición de mobiliario.
c) A adquisición de vestiario e equipamento persoal, salvo o vestiario e equipamento de seguridade do alumnado, necesario para a realización das prácticas que sexan exixibles, segundo a normativa vixente.
d) A adquisición de aparellos e materiais de pesca e marisqueo, nin os labores propios da actividade pesqueira ou marisqueira ordinaria.
e) Os de mantemento e conservación de bens e equipamentos.
f) Os de manutención e desprazamento de persoas e os de representación.
g) Os derivados dos requisitos que teñen que cumprir as persoas solicitantes para poder concorrer ás actividades formativas reguladas nesta convocatoria.
h) Os que resulten financiables segundo outras liñas de axudas convocadas pola Consellería do Mar.
i) Calquera outro que, de acordo coa normativa aplicable, resulte ser non subvencionable, en particular os incluídos no artigo 13 do Regulamento (UE) nº 2021/1139.
Artigo 9. Intensidade da axuda
1. A porcentaxe máxima das axudas poderá acadar o 100 % do investimento realizado, de acordo co indicado no artigo 41 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello. Poderase limitar a contía dos gastos elixibles non xustificados debidamente.
2. Os rendementos financeiros que se xeren polos fondos librados ás entidades beneficiarias incrementarán o importe da subvención concedida e aplicaranse igualmente á actividade subvencionada.
3. Manterase a axuda, pero minorarase na fase de pagamento se o investimento material realizado é, por causa debidamente motivada, de contía inferior á que se considerou subvencionable, e na mesma proporción.
Artigo 10. Compatibilidade das axudas
1. As axudas recollidas nesta orde serán compatibles con calquera outra axuda, subvención ou recurso público e privado, sempre que o mesmo gasto ou investimento non teñan financiamento parcial ou total procedente doutro fondo EIE (fondos estruturais e de investimento europeos) ou instrumento financeiro comunitario, nin polo mesmo fondo conforme un programa ou medida diferente e, ademais, que o importe acumulado das axudas non exceda o custo da actividade subvencionada.
2. No suposto de que a suma de todas as axudas supere os devanditos límites, procederase, por resolución do órgano concedente, á minoración da axuda concedida.
Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o quinto día hábil posterior ao día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería do Mar, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.
b) O 20 de outubro de 2026.
Artigo 12. Forma de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I do procedemento PE610A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Forma parte da solicitude unha declaración responsable en que a persoa representante da entidade fai constar os seguintes aspectos:
a) Se solicitou ou se lle concedeu algunha outra axuda para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
E que a entidade que representa:
a) Respecta a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.
b) Ten en conta e promove a igualdade entre mulleres e homes.
c) Evita calquera discriminación por razón de xénero, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual.
d) Ten en conta a accesibilidade para as persoas con discapacidade, de ser o caso.
e) Cumpre os requisitos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia.
g) Non se atopa en ningún dos supostos establecidos nos números 1, letras a) e b), e 3 do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo, é dicir:
1º. Ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.
2º. Ter estado involucrada na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40.3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008, ou dalgún buque con pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no artigo 33 do citado regulamento.
3º. Ter cometido fraude, tal e como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371, no contexto do FEMP ou do FEMPA, e así o determinase a autoridade competente.
h) Non foi sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións, ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
i) No caso das confrarías de pescadores e as súas federacións, cumpre as obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 e as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.
j) Non é unha empresa en crise segundo a definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2014/C246/01).
k) Non ten iniciada a actuación ou o investimento antes da data de presentación da solicitude.
l) A condición de ser ou non ser poder adxudicador nos termos da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
m) Que, en aplicación do artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, xeral de subvencións, os gastos das operacións comerciais están sendo aboados nos prazos previstos na normativa sectorial que lle é de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade.
n) Cumpre coa normativa comunitaria, nacional e autonómica vixente, en particular, en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade e en materia ambiental.
A presentación da solicitude de subvención polas persoas interesadas ou representantes comportará a autorización ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade das declaracións anteriores, por calquera medio ou rexistro dispoñible. No caso da declaración de cumprimento do artigo 11 do Regulamento FEMPA, a autorización terá validez nos cinco (5) anos posteriores á concesión da axuda.
2. As solicitudes virán asinadas polo/a representante legal da entidade solicitante.
3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, as persoas interesadas non poderán modificar a súa petición de axuda variando o importe do investimento subvencionable, nin modificando os investimentos e conceptos da epígrafe do orzamento para os cales solicita a axuda. Non se consideran variación do importe do investimento as diferenzas ou erros materiais que se puidesen dar ao transcribir os importes dos orzamentos ou facturas pro forma.
4. O organismo intermedio de xestión, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, recollerá información sobre os titulares reais perceptores do financiamento da Unión Europea, de conformidade cos datos que figuran no anexo XVII do Regulamento (UE) nº 2021/1060, con base no establecido no artigo 62.2 do dito regulamento.
De conformidade co artigo 5, número 8, do Regulamento do Rexistro Central de Titularidades Reais, aprobado polo Real decreto 609/2023, do 11 de xullo, a información contida no rexistro será accesible, de forma gratuíta e sen restrición, unicamente para o desenvolvemento das súas misións específicas, ás autoridades e organismos nacionais que xestionen, verifiquen, paguen ou auditen fondos europeos e cuxas funcións veñan determinadas nun regulamento comunitario no cal estea establecido que a información sobre titulares reais da entidade beneficiaria dos fondos pode cumprirse empregando os datos almacenados nos rexistros a que se refire o artigo 30 da Directiva (UE) 2015/849; no caso de España, o Rexistro Central de Titularidades Reais.
Artigo 13. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo que se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude e citarase a disposición que recolle a competencia. Ademais, se o/a solicitante non é unha confraría de pescadores, copia dos seus estatutos.
b) Documentación xustificativa dos custos incluídos no anexo I (orzamentos, contratos, facturas pro forma, etc.). Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no artigo 118 para os contratos menores da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, acreditarase a petición de tres (3) ofertas e a xustificación da seleccionada, de ser o caso, de acordo co artigo 7.7.
c) Modelo A: memoria da acción formativa solicitada, dispoñible na páxina web da Consellería do Mar (https://mar.xunta.gal/gl/formacion/formacion-portos). Xustificarase a necesidade e viabilidade da acción formativa e o cumprimento dos criterios de selección xerais recollido no artigo 20. Cada acción formativa entenderase como unha unidade susceptible de producir efectos independentes.
d) Certificación ou «informe de procedementos acordados», emitida/o por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, co fin de comprobar o requisito establecido no artigo 5.n) desta orde.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 14. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante da entidade.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Concesións de subvencións e axudas.
g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 15. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 16. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 17. Emenda da solicitude
1. Os órganos responsables da tramitación das solicitudes comprobarán que estas reúnen todos os requisitos recollidos nesta orde. No caso contrario, porase de manifesto por escrito ás persoas interesadas para que nun prazo de dez (10) días hábiles remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para poder resolver o expediente, coa indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desistiron da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas polo órgano instrutor, de conformidade co disposto no artigo 5.2.c), resulta que o/a solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais ou das débedas coa Comunidade Autónoma.
2. En calquera momento do procedemento o servizo xestor poderá requirir á entidade solicitante para que remita aqueles datos ou documentos complementarios que resulten necesarios para a tramitación e adopción da resolución que proceda.
Artigo 18. Publicidade
1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido nos artigos 15 da Lei de subvencións de Galicia e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as subvencións concedidas con suxeición a esta orde, indicando o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.
2. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Mar (https://mar.xunta.gal) a relación de persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas.
3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 19. Órganos de instrución, xestión e resolución
1. O órgano encargado da ordenación e instrución do procedemento será o Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, que realizará de oficio cantas actuacións coide necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se deba formular a proposta de resolución.
O órgano instrutor emitirá informe sobre o cumprimento dos requisitos da convocatoria pola persoa beneficiaria.
2. De acordo co establecido nos artigos 19.2 e 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o órgano competente para a tramitación do procedemento instruirá os expedientes seguindo rigorosamente a orde de presentación válida das solicitudes e concederá a subvención en actos sucesivos ata o esgotamento do crédito a todas aquelas persoas beneficiarias que cumpran cos requisitos.
3. A resolución das solicitudes correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar.
Artigo 20. Valoración das solicitudes
1. Conforme o sinalado no documento Criterios de selección para a concesión de axudas do Programa do FEMPA, para a valoración das solicitudes utilizaranse unicamente criterios de selección xerais, por tratarse de subvencións sometidas ao réxime de concorrencia non competitiva.
O obxectivo é garantir que todas as operacións seleccionadas se inclúen no ámbito de aplicación do FEMPA.
O seu detalle é o seguinte:
a) Contribución á Estratexia, ao DAFO e ao tipo de actividade do programa. Subcriterios:
1º. Adecuación á Estratexia (0-2 puntos). Comprobarase se a operación está prevista na Estratexia, de acordo coas liñas descritas no número 1 do Programa do FEMPA para España e se é unha operación da «lista de operacións de importancia estratéxica» (apéndice 3, Programa do FEMPA para España). Unha operación que non encaixe coa Estratexia no marco do FEMPA obterá neste subcriterio unha puntuación de «0» e, polo tanto, non será financiable.
2º. Adecuación ao DAFO (0-2 puntos). Comprobarase se a operación achega, contribúe ou recolle algún dos aspectos do DAFO da ficha nº 9 «Formación» dos Criterios de selección para a concesión de axudas do Programa do FEMPA.
3º. Adecuación ao tipo de actividade (0-2 puntos). Comprobarase que a operación estea prevista no tipo de actividade da ficha nº 9 sinalada anteriormente, tendo en conta que as liñas xerais do Programa non son unha lista exhaustiva das accións que se poden levar a cabo neste tipo de actividade, e co apoio do documento de Criterios de selección.
b) Contribución aos indicadores de resultado (0-2 puntos). De acordo co Programa, todos os tipos de actividade teñen asociado, polo menos, un indicador de resultado. Polo tanto, terase en consideración, por defecto, que todas as operacións contribuirán aos indicadores de resultados.
c) Contribución a plans e programas (0-2 puntos). Valorarase a adecuación da operación a plans, políticas ou compromisos nacionais e internacionais, así como a plans ou programas autonómicos, rexionais e/ou locais. Os de ámbito nacional e internacional poderán ser os sinalados no documento Criterios de selección para a concesión de axudas do Programa do FEMPA.
2. O órgano instrutor emitirá un informe onde se cualificará a operación como apta ou non apta. As solicitudes que non acaden unha puntuación mínima de 5 puntos serán consideradas non aptas e quedarán excluídas para obter financiamento.
3. A aplicación dos criterios de selección xerais, para asegurar que se dirixe ao logro dos obxectivos do programa operativo, poderá realizarse de forma conxunta, ao ser todas as operacións homoxéneas, alcanzando, por tanto, a mesma valoración.
Artigo 21. Resolución
1. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución á persoa titular da Consellería do Mar. Á vista da proposta de resolución e logo da preceptiva fiscalización do gasto, o órgano competente emitirá resolución motivada pola que se outorguen ou deneguen as subvencións solicitadas.
2. A resolución de concesión emitirase e notificaráselles ás persoas beneficiarias no prazo máximo de tres (3) meses desde a data de presentación da solicitude. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que as persoas interesadas poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.
3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou a obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución.
A autorización para a modificación dos termos en que foi concedida a axuda quedará condicionada aos seguintes requisitos:
a) Que a modificación non poida dar lugar a unha nova análise da solicitude.
b) Que a actividade, conduta ou modificación estea comprendida dentro da finalidade desta orde.
c) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.
d) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.
4. As modificacións requirirán resolución expresa da Consellería do Mar.
Artigo 22. Aceptación
1. No prazo de dez (10) días desde a notificación da resolución, as persoas interesadas deberán comunicar a aceptación ou rexeitamento da subvención nas condicións expresadas nela, conforme o anexo II. De non facelo, entenderase tacitamente aceptada.
2. A aceptación da axuda, sexa de forma tácita ou expresa, implicará:
a) A autorización da inclusión da operación subvencionada na lista de operacións seleccionadas para recibir axudas do FEMPA, consonte o sinalado no artigo 49, do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
b) A autorización do uso de materiais de comunicación e visibilidade da UE, logo de solicitude, e a posibilidade de utilizalos sen que supoñan custos adicionais significativos ou carga administrativa significativa para as entidades beneficiarias nin para os órganos xestores.
Artigo 23. Recursos
1. As resolucións, expresas ou presuntas, que se produzan ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo sexa o caso, ou recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou de seis (6) meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo o caso.
2. Contra estas bases reguladoras, cuxa aprobación pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta xurisdición, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 24. Desenvolvemento das actividades de formación
A entidade beneficiaria deberá:
a) Comunicarlle á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, como mínimo con cinco (5) días de antelación, o lugar e a hora de realización da actividade formativa subvencionada, así como os/as docentes e a persoa responsable que levará a cabo as tarefas de coordinación administrativa e de posta en marcha e seguimento da acción formativa subvencionada.
O modelo de comunicación da acción formativa (modelo B) estará dispoñible na páxina web da Consellería do Mar no enderezo (https://mar.xunta.gal/gl/formacion/formacion-portos).
b) Asumir a responsabilidade do proceso técnico formativo, segundo as directrices que se indiquen pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, por medio do Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras, que traballará de maneira coordinada coa persoa responsable designada pola entidade beneficiaria da axuda.
c) Levar a cabo un control de asistencia diario, comunicándolle ao Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras, os/as alumnos/as que cursen baixa, así como calquera outra incidencia que se poida producir.
O modelo de rexistro de asistencia diario (modelo D) estará dispoñible na páxina web da Consellería do Mar no enderezo (https://mar.xunta.gal/gl/formacion/formacion-portos).
d) Contar cos medios e equipamentos necesarios para o desenvolvemento das accións formativas, tanto teóricas como prácticas, segundo a lexislación vixente.
e) Responsabilizarse do seguro de accidentes e responsabilidade civil sobre sinistros acaecidos durante o desenvolvemento das accións formativas, recaendo sobre ela a obriga de contratar e tramitar as correspondentes pólizas.
f) Comunicar as listas do alumnado apto.
g) Nos cursos de mariñeiro/a pescador/a, patrón/oa local de pesca e patrón/oa costeiro/a polivalente, comunicar as listas definitivas do alumnado que reúna as condicións para realizar os exames, de acordo coa orde pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/oa local de pesca e patrón/oa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Nos cursos de mariñeiro/a pescador/a, xestionar e realizar as probas de natación.
i) Nos cursos de formación básica en seguridade marítima, avanzado en loita contra incendios, embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos, certificados de operador/a restrinxido/a e xeral do SMSSM, formación sanitaria específica inicial e avanzada e as súas actualizacións correspondentes, patrón/oa portuario/a, mariñeiro/a de ponte, mariñeiro/a de máquinas e radar de punteo automático (ARPA), a entidade beneficiaria deberá realizar as correspondentes comunicacións e demais trámites de autorización ante a Dirección Xeral da Mariña Mercante ou o Instituto Social da Mariña.
Artigo 25. Xustificación
1. O prazo de presentación da documentación xustificativa rematará o 20 de novembro de 2026.
Este prazo poderá ampliarse por resolución expresa do órgano concedente, de oficio ou por petición da entidade beneficiaria, e por causas debidamente motivadas.
2. Para o cobramento da subvención concedida, as entidades beneficiarias deberán presentar a solicitude de pagamento (anexo III) xunto coa documentación que se sinala a continuación, indicando o número de expediente que figura na resolución de concesión da subvención:
a) Xustificación de ter realizado a acción para a que se concedeu a subvención, mediante os seguintes documentos:
1º. Informe técnico (modelo C), en que se describa a realización da acción formativa e os datos e incidencias máis significativas na súa execución, con especial referencia aos obxectivos acadados. Proporcionarase información sobre os indicadores de resultados conforme o previsto no artigo 47.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1139.
2º. Rexistro de asistencia diaria (modelo D), onde quedará reflectida a hora de entrada e de saída de cada asistente, así como a súa sinatura.
3º. Enquisa das persoas asistentes aos cursos de formación (modelo E).
Os modelos C, D e E estarán dispoñibles na páxina web da Consellería do Mar no enderezo (https://mar.xunta.gal/gl/formacion/formacion-portos).
4º. Cando o custo total da actividade (IVE incluído) supere os 5 millóns de euros e o IVE sexa custeado de forma efectiva e definitiva pola entidade beneficiaria, acreditación da non recuperación de conformidade co disposto no artigo 8.a).
5º. Facturas correspondentes aos custos sinalados na relación.
6º. No caso de gastos de persoal:
– Contrato formalizado, se é o caso, polos servizos públicos de emprego, nóminas, modelos RNT e RLC da Seguridade Social e documento de declaración e liquidación do IRPF correspondente coa xustificación do seu pagamento.
– Documentación acreditativa do cumprimento das condicións de habilitación e capacitación do persoal. No caso de persoal docente, a titulación requirida segundo o tipo de actividade ou curso e, de ser o caso, a homologación necesaria en vigor expedida polo organismo competente.
– Certificación conforme as persoas contratadas non pertencen aos órganos de goberno da entidade e non teñan vinculación de parentesco no primeiro grao de consanguinidade ou afinidade con persoas membros dos órganos de goberno no momento da primeira contratación.
7º. Extractos das contas, ordes de transferencia, ou certificacións bancarias que xustifiquen a efectiva realización dos gastos. Deberá acreditarse o importe, a data de pagamento e a procedencia dos recursos utilizados para o pagamento. No caso de que as operacións se financien con máis dun fondo ou recurso, deberán acreditar tamén o importe, a procedencia e a aplicación de cada un destes fondos ou recursos. Non se admiten talóns nin pagamentos en efectivo.
8º. Información sobre a captación e difusión de imaxes obtidas durante a realización das actividades de formación subvencionadas (anexo V).
b) No caso de denegar expresamente a súa obtención polo órgano xestor:
– Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter débedas por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma acción formativa, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, así como unha declaración responsable de que se manteñen os requisitos para ser entidade beneficiaria (anexo IV).
4. No caso de que a persoa beneficiaria teña a condición de poder adxudicador, nos termos da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, achegará a documentación relacionada co proceso de contratación.
Artigo 26. Pagamento e anticipos
1. A Consellería do Mar efectuará o pagamento das axudas unha vez xustificada a realización do obxecto da subvención e a elixibilidade do gasto. O importe da axuda aboarase mediante transferencia bancaria á entidade beneficiaria e na contía que corresponda segundo a actividade executada.
2. No caso de que as actividades subvencionadas do artigo 6.1.c) non rematasen co mesmo número de alumnos/as que o inicial, realizarase unha redución proporcional da subvención total concedida (custos directos e indirectos), salvo que o abandono sexa debido a unha causa médica ou laboral debidamente xustificada.
3. O servizo da Consellería do Mar competente emitirá un certificado sobre o grao de cumprimento da actividade para a cal se lle concedeu a axuda e asemade se cumpriu os requisitos exixidos nas bases reguladoras para proceder ao pagamento da subvención.
4. Para o pagamento da axuda é imprescindible o cumprimento do artigo 31.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Cando o beneficiario da subvención sexa unha empresa, deberá respectarse que o gasto sexa aboado nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
5. O pagamento terá carácter de ingreso á conta e a súa consolidación estará condicionada á finalización da actividade obxecto da axuda. No caso de que as entidades beneficiarias non cumpran cos requisitos exixidos, estarán obrigadas ao reintegro da axuda nos termos previstos nos artigos 32 a 40 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Mediante resolución motivada do órgano concedente, e logo de solicitude das entidades beneficiarias, poderá autorizarse un anticipo de ata un 50 % da subvención prevista naqueles casos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos. Os pagamentos anticipados están suxeitos á prestación de garantía nos termos sinalados no artigo 27. Así mesmo, están suxeitos ao prazo de xustificación fixado no artigo 25.1 desta orde.
Artigo 27. Garantías
1. Será obrigatoria a prestación de garantías para a expedición de anticipos que superen os 18.000 euros, de acordo cos artigos 65 e seguintes do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.
2. A garantía constituirase mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que se depositará na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación da axuda.
3. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe das cantidades aboadas á conta ou das cantidades anticipadas, calquera que sexa o prazo de xustificación previsto na convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 67.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. As garantías serán liberadas logo de que se comprobe a realización da acción formativa.
Artigo 28. Perda do dereito ao cobramento e reintegro das axudas
1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda no suposto de falta de xustificación do cumprimento da actuación, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, dos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.
No caso de cumprimento parcial relativo á actividade subvencionada, procederase á redución proporcional da subvención concedida ou aboada.
2. De conformidade co artigo 14.1.n) da citada Lei 9/2007, o importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios:
a) Procederá o reintegro total da axuda concedida e dos xuros de demora que se teña dereito a percibir desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, no caso de incumprir a obriga indicada no artigo 5.2.e) de comunicar a obtención doutras axudas, no caso de que sexan incompatibles. Se as axudas fosen compatibles, dará lugar ao reintegro parcial polo exceso de financiamento xunto cos xuros de demora, conforme o establecido no artigo 23 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) O incumprimento das obrigas de información, comunicación e visibilidade do apoio procedente do FEMPA recollidas nos artigos 47 e 50.1 e 2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, sen adoptar medidas correctoras, suporá un reintegro de ata un máximo do 3 % da subvención.
c) Suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os conceptos financiados co FEMPA.
3. Para o devandito procedemento de reintegro terase en conta o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
Artigo 29. Infraccións e sancións
As actuacións das persoas beneficiarias en relación coas axudas obxecto desta orde están sometidas ao réxime de infraccións e sancións do título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 30. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da devandita lei, a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 31. Servizo Nacional de Coordinación Antifraude
Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude na Intervención Xeral da Administración do Estado, polos medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto polo dito servizo no enderezo web http://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, que se pode consultar no enderezo web http://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Documents/ComunicacionSNCA06-04-2017Canaldenuncias.pdf
Disposición adicional primeira
Facúltase a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
