DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2026 Páx. 7213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0192/2025 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas relacionadas no anexo o acto que se indica, despois de que fosen devoltos polo Servizo de Correos por resultar descoñecidas ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único del Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2026

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

CON-PO-0192/2025

35418099P

Proposta

Pola instrutora

CON-PO-0220/2025

78734379C

Resolución

Polo director territorial

CON-PO-0224/2025

35968508G

Proposta

Pola instrutora

CON-PO-0263/2025

45145219Z

Proposta

Pola instrutora

CON-PO-0264/2025

35454268K

Proposta

Pola instrutora

CON-PO-0279/2025

35479665A

Proposta

Pola instrutora

CON-PO-0290/2025

27455999W

Incoación

Polo director territorial

CON-PO-0296/2025

35293839V

Incoación

Polo director territorial