Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC, RBTS lugar de Augapesada, s/n, no concello de Ames (expediente IN407A 2022/022-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.
A Coruña, 13 de xaneiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/022-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS, CTC, RBTS lugar de Augapesada, s/n.
Concello: Ames.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
1 |
15002A503000490000BP |
Carmen Consuelo Ces Vilas e outros |
26.2.2026 |
11.00 |
