DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2026 Páx. 7238

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Canudo-Redondela

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

O que subscribe, Cándido Rivas Campo, veciño de Camiño de Figueiras de Reboreda, lugar de Santo Paio de Abaixo, parroquia de Santa María de Reboreda, concello de Redondela (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco á asemblea xeral ordinaria a todos os usuarios de augas da Comunidade de Usuarios de Canudo-Redondela, que terá lugar o 1 de marzo de 2026, ás 9.30 e ás 10.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, coa seguinte

Orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Estado de contas.

3. Informe do estado da concesión.

4. Comentar o estado das instalacións e posibles melloras.

5. Autorización da Xunta de Goberno para solicitar subvencións para o período 2025-2026.

6. Rogos e preguntas.

Redondela, 11 de decembro de 2025

Cándido Rivas campo
Presidente da Comunidade de Usuarios de Canudo-Redondela