A responsable da Área de Xestión da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, en virtude das competencias atribuídas polo Patroado,
RESOLVE:
Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a selección de dous postos de técnico/a en sistemas de información, que se vai cubrir mediante contrato de traballo laboral denominado contrato de actividades científico-técnicas, con duración condicionada á existencia de financiamento.
As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego público/Outros procesos selectivos/Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, deberase presentar a solicitude a través do enderezo: rrhh.fpgmx.santiago@sergas.es
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026
Rocío Mosquera Álvarez
Responsable da Área de Xestión da
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
