O Pleno da corporación provincial, na sesión ordinaria do día 26 de decembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto construtivo da vía de conexión entre a avenida de Marín e a rúa Rosalía de Castro, no concello de Pontevedra, cun orzamento dun millón douscentos setenta e nove mil setecentos sesenta e dous euros con trinta e nove céntimos (1.279.762,39 €).
Segundo. Dar traslado do presente acordo ao Concello de Pontevedra e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e acordar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 20 de xaneiro de 2026
O presidente da Deputación de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2025008021, do 3.10.2025)
Belén Cachafeiro Anta
Deputada delegada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade
