DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2026 Páx. 7235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2025.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 26 de decembro de 2025, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2025, de conformidade co disposto no artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e unha vez aprobado o cadro de persoal xunto co orzamento municipal para o devandito exercicio mediante o Acordo plenario do 29 de maio de 2025.

A oferta de emprego público inclúe a seguinte praza:

Persoal funcionario:

• Escala: Administración xeral.

• Subescala: A1.

• Número de vacantes: 1.

• Sistema de acceso: promoción interna.

Esta oferta de emprego público será publicada no taboleiro de anuncios da Corporación, na sede electrónica do Concello de Trazo (www.concellodetrazo.es) e no Diario Oficial de Galicia. A praza ofertada será convocada no prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa publicación.

Trazo, 26 de decembro de 2025

Josefina Suárez López
Alcaldesa