No Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 4, da Coruña tramítase o recurso 14/26 (dereitos fundamentais), interposto pola Organización Sindical de Facultativos de Galicia Independentes (O’mega), contra a Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) e Facultativos de Galicia Independentes (O’mega), para os días 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2025, que afecta todos os médicos e demais facultativos empregados no ámbito da atención primaria e da atención especializada das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 236, do 5 de decembro).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
