DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2026 Páx. 7715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación telecontrol apoio 9TJ8VGTV116B4 na LMTA CII818, no concello de Cangas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación telecontrol apoio 9TJ8VGTV116B4 na LMTA CII818, que se realizarán na Casa do Concello de Cangas, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 14 de xaneiro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/040.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación telecontrol apoio 9TJ8VGTV116B4 na LMTA CII818.

Concello: Cangas.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

1

36008A044004100000JU

A Carriza

Descoñecido

25 de febreiro de 2026

13.00