Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: reforma CT 12887 Rioxoán 2 LAT 20 kV Mosteiro.
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9. 27003 Lugo.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Mosteiro, con orixe nun PAS situado no apoio A32118 existente, entra e sae no CT proxectado Rioxoán 2 e remata noutro PAS situado no mesmo apoio, cunha lonxitude de 50 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• CT Rioxoán 2 en edificio prefabricado, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia instalada de 50 kV (recuperado), no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (Rolda da Muralla, núm. 70 ,baixo, 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Pol. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/pol
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 19 de xaneiro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: reforma CT 12887 Rioxoán 2 LAT 20 kV Mosteiro
Concello: Pol.
Expediente: IN407A 2025/89-ATE.
|
Núm. |
Ref. catastral |
Poligono |
Parcela |
Lugar |
Concello |
Titular |
Cultivo |
Apoio núm. |
Oc. perm. apoio (m2) |
LATS Oc. perm. (m2) |
CT Oc. Perm. (m2) |
Accesos oc. temp. (m2) |
|
1 |
27046A03900678 |
39 |
678 |
Transformador |
Pol |
Rubén Iglesias Dapena |
Prado |
1 (A32118) |
30 |
4 |
70 |
197 |
|
2 |
27046A03900677 |
39 |
677 |
A Mata |
Pol |
Rubén Iglesias Dapena |
Prado |
9 |
47 |
91 |
*Oc. Perm.-ocupación permanente.
*Oc. Temp.-ocupación temporal.
