Expediente: IN407A 2025/105-1.
Promotora: Xunta de Compensación do SUP-1 de Romero Donallo.
Denominación do proxecto: LMTS-4 CT (630 kVA) e RBTS.
Concello: Santiago de Compostela.
Feitos:
1. O día 2.6.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de dotar de subministración o proxecto de edificación englobado no Plan parcial SUP-1 Romero Donallo, concello de Santiago de Compostela, proxéctase a instalación de catro centros de transformación de 630 kVA de potencia, e as liñas de media tensión soterradas que os conectarán coa liña de distribución de media tensión SNT807, procedente da subestación Santiago. Capacidade de acceso concedida por UFD de 2.976,32 kW.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento e que comprende os seguintes documentos:
– Proxecto de execución denominado LMTS-4 CT (630 kVA) e RBTS, asinado o día 12.5.2025 por César Méndez Lorenzo, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 1.350 de Santiago de Compostela, con número de visado 911/25-ST, do 12.5.2025.
– Anexo, asinado o día 16.6.2025 por César Méndez Lorenzo, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 1.350 de Santiago de Compostela, con número de visado 911/25-ST, do 16.6.2025.
Consta neste departamento territorial unha declaración responsable do proxectista na que acredita ter a titulación coa especialidade de Centrais e Redes.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Santiago de Compostela.
No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello de Santiago á solicitude de informe.
4. O día 11.12.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na avenida de Romero Donallo, concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:
– LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 2x58 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm² Al, con orixe e remate en empalmes que se van realizar en arqueta existente da LMT SNT807, procedente da subestación Santiago, sita na avenida de Romero Donallo, facendo E/S nos CT 1 e CT 2 proxectados.
– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 2x8 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm² Al, con orixe e remate en empalmes que se van realizar en arqueta proxectada, facendo E/S no CT 3 proxectado.
– LMTS (actuación 3) a 20 kV, de 2x25 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm² Al, con orixe e remate en empalmes que se van realizar en arqueta existente, facendo E/S no CT 4 proxectado.
– 4 CT compactos (CT 1 e 2 en obra de fábrica e CT 3 e 4 soterrados en envolvente prefabricado), cunha potencia de 630 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L (cela de saída telecontrolada)+1P.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
b) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellos eléctricos que empreguen gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
c) Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e das normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 16 de decembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
