O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no terceiro cuadrimestre do ano 2025
|
Título do convenio |
Obxecto do convenio |
Importe achegado |
Data da |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Friol para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Friol para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
1.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Muíños para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Conservación e recuperación vivenda en baixo cuberta na rúa Val do Salas nº 2 en Muíños. |
28.000,00 € |
11.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ares para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Proxecto básico e de execución de pintura exterior da reitoral de Ares. |
19.695,15€ |
11.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Valga para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Mellora das instalacións deportivas do Concello de Valga. |
700.483,15 € |
18.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Pontedeume para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Reurbanización da avenida de Ferrol. |
600.476,36 € |
1.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Val de Dubra para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Mellora viaria Maxais e outros. |
241.764,53 € |
8.1.2025 |
|
Addenda para a modificación do acordo da Comisión bilateral celebrada o 26 de outubro de 2018, relativo á Área de rexeneración e renovación urbana casco antigo e zona ampliada de Cangas (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021 |
Redistribuír o custo e o financiamento inicialmente previsto no Acordo da Comisión bilateral celebrada o 26 de outubro de 2018, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais |
Sen achega |
1.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Valdoviño para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Valdoviño para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
23.1.2025 |
|
Convenio marco entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia e Abanca corporación bancaria, S.A. para o financiamento da promoción, construción e compra de vivendas de promoción pública. |
Establecer as condicións do financiamento da promoción, construción, así como da compra, mediante subrogación, das vivendas protexidas de promoción pública, nas seguintes modalidades de financiamento: a) Préstamos para a construción ou promoción directa por parte do IGVS ou de VIPUGAL e b) Subrogación deses préstamos a favor de persoas adquirentes. |
Sen achega |
1.11.2025 |
|
Convenio marco entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia e Caixa Rural Galega, Sociedade cooperativa de crédito limitada galega para o financiamento da promoción, construción e compra de vivendas de promoción pública. |
Establecer as condicións do financiamento da promoción, construción, así como da compra, mediante subrogación, das vivendas protexidas de promoción pública, nas seguintes modalidades de financiamento: a) Préstamos para a construción ou promoción directa por parte do IGVS ou de VIPUGAL e b) Subrogación deses préstamos a favor de persoas adquirentes. |
Sen achega |
18.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Baños de Molgas para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Rehabilitación da antiga escola municipal para centro social en Alvite. |
86.390,43 € |
19.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Folgoso do Courel para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Humanización do acceso a fondo da vila. |
90.185,39 € |
19.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello do Valadouro para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello do Valadouro para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
2.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Cortegada para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Rehabilitación de vivenda na praza Buenos Aires, nº 2. |
68.388,96 € |
21.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ordes para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ordes para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
25.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Peroxa para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Peroxa para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
2.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Toques para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Rehabilitación da Escola Unitaria da Cabana para vivenda social. |
70.000.00 € |
11.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Toques para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Acondicionamento do contorno da igrexa de San Martiño de Oleiros. Toques. |
70.000.00 € |
11.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello do Pino para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Establecer os termos e as condicións da colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello do Pino para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida. |
Sen achega |
16.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Porto do Son para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. |
Definir os termos de colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes da seguinte actuación: Complexo deportivo da Tarela. Fase 1. |
392.185,57 € |
16.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e el Concello de Vigo, mediante o que se prorroga ata o 31 de decembro do 2029 a vixencia do Consorcio do Núcleo Vello de Vigo |
Prorrogar a vixencia do CCVV ata o 31 de decembro de 2029. Así mesmo, se aproba o marco financeiro para o período 2026-2029. |
2026: 1.760.656 € 2027: 1.929.341 € 2028: 1.101.801 € 2029: 2.321.212 € |
3.12.2025 |
