DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2026 Páx. 8057

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2026

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso para desenvolver unha acción piloto no marco do Proxecto Interreg Europe Green Infrastructure for Forest and Trees, na Área de Especial Interese Paisaxístico Montes do Facho e Tetón.

Establecer as condicións na colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a CMVMC de Couso para o desenvolvemento da acción piloto Green InfrasTREEcture in the Landscape, no marco do proxecto Green Infrastructure for Forest and Trees.

Sen achega económica

1.9.2025

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Portela, Serra de Pitos e Revolta, parroquia de Requiás, Muíños (Ourense), para desenvolver unha acción piloto no marco do Proxecto Interreg Europe Green Infrastructure for Forest and Trees, na Área de Especial Interese Paisaxístico Serra do Xurés.

Establecer as condicións na colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a CMVMC Portela, Serra de Pitos e Revolta para o desenvolvemento da acción piloto Green InfrasTREEcture in the Landscape, no marco do proxecto Green Infrastructure for Forest and Trees.

Sen achega económica

1.9.2025

Acordo de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Consellería do Medio Rural para desenvolver unha acción piloto no marco do Proxecto Interreg Europe Green Infrastructure for Forest and Trees na zona de reestruturación parcelaria en Fisteus (Curtis).

Establecer as pautas que hai que seguir na colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, para levar a cabo o desenvolvemento dunha acción piloto, no marco do proxecto Green Infrastructure for Forest and Trees.

Sen achega económica

18.9.2025

Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Consellería do Medio Rural para a colaboración na realización de traballos relacionados coas redes secundarias de faixas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais.

O establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do IET e a Consellería do Medio Rural para o apoio ás actuacións de delimitación das redes de faixas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais e, especificamente, para o apoio ás actuacións tendentes a dotar os concellos cos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, regulados no artigo 16 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Sen achega económica

29.10.2025