A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística xustifícase polos cambios introducidos polo Decreto 16/2025, do 10 de marzo, que modificou o Decreto 135/2024, do 20 de maio, polo que se fixou a estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, da necesidade de dar cumprimento das obrigas derivadas de ofertas de emprego público, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
Esta modificación da relación de postos de traballo inclúe a recodificación da totalidade dos postos da entidade, polo que na súa publicación figuran postos cuxas clasificacións foron aprobadas en modificacións anteriores polo Consello da Xunta.
En consecuencia, por proposta do Instituto Galego de Estatística e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xaneiro de 2026, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 26 de xaneiro de 2026, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego de Estatística, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
