Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlles publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorporan como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026
Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre de 2025
|
Descrición |
Data de sinatura |
Importe |
|
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Ordes para a realización de obras en materia de urbanismo |
12.9.2025 |
566.341,72 € |
|
Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Bande para o financiamento da redacción dun plan especial de infraestruturas e dotacións na zona termal |
18.11.2025 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
|
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello do Valadouro para a realización de obras en materia de urbanismo |
20.11.2025 |
153.085,61 € |
|
Addenda número 1 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Baiona para o financiamento das obras da fase II da humanización da travesía interior de Sabarís |
26.11.2025 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
|
Addenda número 3 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Rábade para o financiamento da redacción do plan xeral de ordenación municipal |
5.12.2025 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
|
Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Crecente para a realización de obras en materia de urbanismo |
22.12.2025 |
258.746,62 € |
|
Addenda e prórroga do acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Rairiz de Veiga para a realización de obras en materia de urbanismo |
28.12.2025 |
Non supón incremento económico sobre o convenio inicial |
