O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) convoca proceso selectivo para a contratación de praza de administrativo e técnico auditor. As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web https://www.craega.es/category/ofertas-emprego-craega a partir do seguinte día hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de recepción de solicitudes finaliza aos dez (10) días naturais a partir do día da publicación deste anuncio.
Lugo, 22 de xaneiro de 2026
Francisco López Valladares
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia
