DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2026 Páx. 8114

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha (1) praza de limpador/a polo procedemento de oposición libre.

Mediante a Resolución de Alcaldía do Concello de Taboada, do 22 de decembro de 2025, pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir unha (1) praza de limpador/a polo procedemento oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 297, do luns 29 de decembro de 2025, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria, para cubrir por oposición libre a praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Posto: 2009A:

– Unha (1) praza de limpador/a, persoal laboral fixo do Concello de Taboada.

– Procedemento: oposición libre.

Funcións:

– Limpeza, aseo e orde de edificacións e instalacións municipais.

– Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico.

As retribucións da praza convocada serán as previstas no vixente orzamento xeral de 2025 do Concello de Taboada:

16.053,13 euros brutos ao ano, máis a Seguridade Social con cargo á empresa.

Segundo o artigo 77 do texto refundido do Estatuto Básico do empregado público o persoal laboral clasificarase de conformidade coa lexislación laboral.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nas formas previstas nas propias bases.

Taboada, 29 de decembro de 2025

Roi Rigueira Agromartín
Alcalde