A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 18 de decembro de 2025, acordou ratificar o texto definitivo do Convenio urbanístico para a execución do planeamento entre o Concello de Narón e Cementos Tudela Veguín, S.A. co fin de materializar as obras de urbanización contidas no expediente EDI/2020/1660: Proxecto de urbanización do polígono 1 da área de repartición do Plan de sectorización do ámbito I, establecido na modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do SRAU do contorno do polígono industrial Río do Pozo.
O convenio foi asinado polas partes interesadas o 19 de decembro de 2025.
Consonte o establecido no artigo 403 do RLSG, publícase no Diario Oficial de Galicia o texto íntegro do convenio mediante a seguinte ligazón de descarga: https://sedeelectronica.naron.es/opensiac/action/consultadocumentos?id=1641585&hash=2cd77e6c5326a745fa8aaf64d880ddea7f730e0071ed0e643b194d029635499d
Contra este acordo poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a alcaldía presidencia deste concello no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo consonte o previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao desta publicación.
Poderá utilizar, non obstante, calquera outro recurso que considere pertinente.
Narón, 8 de xaneiro de 2026
Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa
