DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2026 Páx. 8110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por termo do prazo de concesións de augas (expediente DH.A15.19942 e once máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A15.19942 e once máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titulares

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.19942

Comunidade de usuarios das Lobeiras

5.621 m³

Manancial

Doméstico

L: As Lobeiras
P: Torres (San Xorxe)
C: Vilarmaior

DH.A15.19617

Comunidade de usuarios de Albixoi

8.830 m³

Manancial

Doméstico
Gandeiro

L: Fonte de Santa Mariña
P: Albixoi (Santa Mariña)
C: Mesía

DH.A36.3358

Comunidade de usuarios de Soutosico

10.722 m³

Cinco mananciais

Doméstico
Gandeiro

L: Coto do Carballo
P: Fornelos de Montes (San Lourenzo)
C: Fornelos de Montes

DH.A36.6429

Lorenzo Gándara Lemos, José Enrique Gándara Lemos e Genoveva Gándara Lemos

7.570 m³

Manancial

Rega

L: Chan A Pedreira
P: Saiar (Santo Estevo)
C: Caldas de Reis

DH.A15.19790

Comunidade de augas do lugar de Vilarmaior

7.884 m³

Manancial

Doméstico

L: Pereira
P: Vilamaior (Santa María)
C: Santa Comba

DH.A36.8131

Comunidade de usuarios Campo dos Chans

1.261 m³

Manancial

Doméstico

L: Vilarchán
P: Tourón (Santa María)
C: Ponte Caldelas

DH.A36.9853

Comunidade de usuarios da mina da Figueiriña

1.577 m³

Manancial

Doméstico

L: Monte das Mariñas
P: Oia (Santa María)
C: Oia

DH.A36.8215

Comunidade de usuarios Escariz-Nigoi

946 m³

Manancial

Doméstico

L: Escariz
P: Nigoi (Santa María)
C: A Estrada

DH.A36.9165

Antonio Rodríguez Orosa

1.044 m³

Manancial

Doméstico
Gandeiro

L: Aguacai
P: Dornelas (San Martiño)
C: Silleda

DH.A36.11738

Cunícula Monte Piñeiro, S.L.

2.712 m³

Manancial

Gandeiro

L: A Cachadiña
P: Cobres (Santa Cristina)
C: Vilaboa

DH.A36.13152

Jesús Rivas Troitiño

1.926 m³

Manancial

Doméstico
Gandeiro

L: Brixel-Covas
P: Forcarei (San Martiño)
C: Forcarei

DH.A36.12160

José Pena Calveiro e Bernardina Cortes Viéitez

9.440 m³

Pozo de barrena

Gandeiro
Rega

L: Toxa
P: Silleda (Santa Baia)
C: Silleda