DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8377

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

ORDE do 20 de xaneiro de 2026 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 2 de decembro de 2025 (código do posto IV.K19.10.000.36001.001).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 2 de decembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 242, do 16 de decembro), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 26 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, anunciada pola Orde do 2 de decembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 242, do 16 de decembro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a funcionaria que se relaciona no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Terceiro. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A Xefatura de persoal do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Leiro López Mª Soledad Aurora.

DNI: **8171**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: 210A corpo facultativo superior, escala de inspección urbanística.

Código do posto: IV.K19.10.000.36001.001 (MA.K19.10.000.36001.001 anterior á modificación da RPT da APLU publicada no DOG núm. 4, do 8.1.2026).

Denominación: Xefatura do Servizo Provincial da Axencia en Pontevedra.

Nivel: 28.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Pontevedra.

* O DNI está cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.