DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8433

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña

ANUNCIO de modificación das bases e da convocatoria do procedemento para a provisión, mediante concurso-oposición libre, de (42) prazas de bombeiro-condutor.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 16, do 26 de xaneiro de 2026, publicouse a modificación das bases aprobadas mediante o Decreto da Presidencia 495/2025, do 5 de novembro de 2025 (BOP da Coruña núm. 216, do 11 de novembro), e a convocatoria para a cobertura das seguintes prazas por quenda libre do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña:

– Corenta e dúas (42) prazas de bombeiro-condutor, persoal laboral fixo.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra, de conformidade coas bases faranse públicos na forma prevista nelas.

Carballo, 26 de xaneiro de 2026

Valentín González Formoso
Presidente do Consorcio Provincial
contra Incendios e Salvamento da Coruña