DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO da subscrición do convenio urbanístico de monetización do aproveitamento do 10% municipal do proxecto de equidistribución do Plan especial de reforma interior APR-45-Os Coutos.

O 23 de decembro de 2025, o alcalde do Concello de Verín negociou e subscribiu o convenio urbanístico de monetización do aproveitamento municipal do 10 % da APR-45-Os Coutos, en Verín, coa promotora do ámbito Logística Chestenorte, S.L.U.

De conformidade cos artigos 21 e 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e o artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da LSG, procédese á exposición pública do contido do convenio polo prazo dun mes, coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar as suxestións e alegacións que xulguen oportunas en defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos.

O citado convenio poderase consultar no taboleiro electrónico do Concello de Verín, a través do enderezo https://verin.sedelectronica.gal/info.0 ou https://www.verin.gal/2026/38672023conveniomonetizacion.pdf ou ben nas dependencias de Urbanismo do Concello de Verín, de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 horas.

Verín, 29 de decembro de 2025

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde