No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 12, do 16.1.2026, publicáronse integramente as bases do proceso de provisión dunha praza de auxiliar xerocultor/a para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, dependente do Concello de Sarria, adscrita á quenda de noite, incluída na OPE do ano 2023, con persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.
De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo: https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal
Sarria, 19 de xaneiro de 2026
Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde
