DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade ao cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 60 % do gasto elixible, no marco da Liña de fomento da innovación desde a demanda para a compra pública de innovación (liña FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, das actuacións que se citan.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, en concreto consonte o anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal

Dependencia que tramita os expedientes: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: contrato menor de servizo para a realización de varias actuacións de comunicación e divulgación no marco do proxecto de investigación, desenvolvemento e innovación Augatech.

Referencia do expediente: AUG-2025-0176.

CPV (referencia de nomenclatura): 73200000-4. Servizos de consultoría en investigación e desenvolvemento.

Orzamento base: importe neto: 14.934,50 euros. Importe total: 18.070,75 euros.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 10.454,15 euros. Importe total: 12.649,52 euros.

Empresa contratista: Xurdir, S.L.

b) Título: contrato menor de servizo para a realización de varias actuacións relativas ao inicio dos traballos do proxecto de investigación, desenvolvemento e innovación Augatech.

Referencia do expediente: AUG-2025-0195.

CPV (referencia de nomenclatura) 73200000-4. Servizos de consultoría en investigación e desenvolvemento.

Orzamento base: importe neto: 14.875,00 euros. Importe total: 17.998,75 euros.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.700,00 euros. Importe total: 17.787,00 euros.

Empresa contratista: Science & Innovation Link Office, S.L.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación referida no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco da Liña de fomento da innovación dende a demanda para a compra pública de innovación (liña FID) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia