DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade ao cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, das actuacións que se citan.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, en concreto consonte o anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal

Dependencia que tramita os expedientes: contratación.

Tipo de contrato: obra/servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: contrato menor de obra de apertura da presa de derivación de Carballo no río Belelle. Neda (A Coruña).

Referencia do expediente: AUG-2025-0177.

CPV (referencia de nomenclatura): 45246000-3 Traballos de regulación e control do caudal fluvial.

Orzamento base: importe neto: 39.968,32 euros. Importe total: 48.361,67 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 38.800,36 euros. Importe total: 46.948,44 euros.

Empresa contratista: Eulen, S.A.

b) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de apertura da presa de derivación de Carballo no río Belelle, Neda (A Coruña), obra con referencia de expediente AUG-2025-0177 e clave M.25070.

Referencia de expediente: AUG-2025-0194.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 4.471,05 euros. Importe total: 5.409,97 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 2.998,00 euros. Importe total: 3.627,58 euros.

Empresa contratista: Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuacións referidas no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, no obxectivo político 2: unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable; prioridade P2A: transición verde; obxectivo específico RS02.4: favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas; liña de actuación 2.4.01: actuacións de preservación dos recursos hídricos, os seus ecosistemas e preparación, protección e resposta fronte a inundacións; ámbito de intervención 058: medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: inundacións e corrementos de terras (incluídas as accións de sensibilización, a protección civil e os sistemas de xestión de catástrofes, as infraestruturas e os enfoques ecosistémicos); operación: melloras para a prevención do risco de inundación da ARPSI fluvial ES014-CO-14-01-02 Río Belelle, Neda (A Coruña).

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia