De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas, por ter expirado o prazo de concesión, ditados no expediente DH.A15.15945 e oito máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Data do acordo |
|
DH.A15.15945 |
Sociedad Agrícola Gallega-Soaga |
17.12.2025 |
|
DH.A36.4877 |
Ramona Pereiro Vila |
17.12.2025 |
|
DH.A36.5156 |
Manuela González Novo |
17.12.2025 |
|
DH.A15.12637 |
Amalia Reboredo Suárez |
17.12.2025 |
|
DH.A15.13953 |
Comunidade de Usuarios de Monte de Piquite |
17.12.2025 |
|
DH.A15.15058 |
Esperanza García García |
17.12.2025 |
|
DH.A15.16122 |
Jesús del Río Bello |
17.12.2025 |
|
DH.A15.16212 |
Julio Villamor Costa |
17.12.2025 |
|
DH.A27.2943 |
María Pacios Pacios |
17.12.2025 |
