De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio as condicións de arrendamento dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):
a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (A Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Núm. expediente |
Procedemento |
DNI |
Acto que se notifica |
|
20233200299 |
Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia. |
34717492G |
Comunicación das condicións de arrendamento á persoa titular do predio. |
|
20233200300 |
Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia. |
34717492G |
Comunicación das condicións de arrendamento á persoa titular do predio. |
|
2025LT00103 |
Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia. |
XDB432197 |
Comunicación das condicións de arrendamento á persoa titular do predio. |
