DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 2026 Páx. 8423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2026 polo que se lles comunican ás persoas titulares dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia as condicións de arrendamento no marco da aldea modelo de Cortegazas (concello de Avión).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio as condicións de arrendamento dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Nº expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

2025LT00072

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia

36047685S

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento

2025LT00077

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia

34593512V

Comunicación á persoa titular do predio das condicións de arrendamento