DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2026 Páx. 9007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS611A 2025/0550-1 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou, os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderán interpoñer a demanda, ante a xurisdición social, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2025/0550-1

47386329G

Desestimación da reclamación

15.10.2025

2024/2022-5

36107960F

Desestimación da reclamación

24.10.2025

2023/6500-1

44833727B

Desestimación da reclamación

19.11.2025

2023/0730-6

32692004B

Desestimación da reclamación

1.12.2025