Expediente: IN407A 2024/235-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CS Ervedíns.
Concello: Arteixo.
1. Características técnicas:
Novo centro de seccionamento 5L/15 kV telecontrolado en parcela situada no lugar de Ervedíns, con referencia catastral 15005A060001300000PK, para adaptar arquitectura de rede da LMT LAR707, realizando E/S en LMT principal (apoio AA6DW45V//94 existente) e recollendo as derivacións aos CT O Igrexario (15CQI1) e Ervedíns (15CQI2) e a LMTA aos CT Mouras, Barreiro (15AKMR), Mouras (15AW13) e Canzobre (15CW17).
Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación número 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 58 m, con orixe no apoio AA6DW45V//94 existente LMT LAR707, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, e final en apoio AA6DW45V//94 existente LMT LAR707, tras realizar E/S en centro de secionamento proxectado.
Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación número 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 82 m, con orixe en CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, e final en PAS proxectado en apoio AA6QMM26//94-1 existente LMT LAR707.
Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación número 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 67 m, con orixe en CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, e final en empalme proxectado en RHZ1-150 existente LMT LAR707 (expediente 127/00).
Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación número 4), a 15 kV, cunha lonxitude de 67 m, con orixe en CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al, e final en empalme proxectado en RHZ1-150 existente LMT LAR707.
Desmontaxe de XS existente e un van de 18 m de lonxitude en condutor LA-56 comprendido entre os apoios AA6DW45V//94 e AA6QMM26//94-1 existentes, pertencentes á LMT LAR707.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa deste acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 8 de xaneiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados no Concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/235-1)
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietaria |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Cancelas 15005A060001300000PK |
Rústico/agrario |
Manuela Rodríguez Viñas |
CS + acceso |
46,76 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
