Expediente: IN407A 2024/220-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación CT Monteagudo-15CW41 e adecuación LMT.
Concello: Arteixo.
1. Características técnicas:
Centro de transformación prefabricado con envolvente de formigón 2L + 1P de 250 kVA/ 15 kV, con relación de transformación 15.000/400 V.
Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, con orixe no apoio existente B-21-14 da LMTA LAR707 e final no apoio metálico de celosía que se intercalará na LMT LAR707, con 319 m de van retensado.
Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, con orixe en apoio B-21-19 que se substituirá da LMTA LAR707 e final no apoio B-21-20 existente, con 125 m de van retensado.
Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, con orixe no novo apoio B-21-16 e fin na cela de liña do CT proxectado, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, cunha lonxitude de 22 m.
Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, con orixe no apoio que se substituirá B-21-19 e fin na cela de liña do CT proxectado, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, cunha lonxitude de 444 m.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 8 de xaneiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Expediente IN407A 2024/220-1.
Concello de Arteixo.
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio núm. |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Agra de Monteagudo. Arteixo 15005A029003710000PW |
Rústico/agrario |
Celsa Carracedo Martínez |
Apoio + CTI |
35,45 |
4 |
16 |
||
|
2 |
Leira de Arriba. Arteixo 15005A026001830000PU |
Rústico |
Descoñecido |
Apoio |
2 |
1 |
11 |
||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2. |
m2 sot.: superficie de servidume soterrada. |
