O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro a decembro do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total do convenio |
|
Prórroga e addenda ao convenio de cooperación administrativa entre a Consellería de Economía e Industria e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG). |
13.10.2025 |
Non ten achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización de actuacións de valorización do sector mineiro galego con motivo da celebración do seu centenario. |
30.10.2025 |
120.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Organismos de Control Autorizados para a realización dun plan extraordinario de inspección en materia de seguridade industrial e unha campaña de inspección de vixilancia de mercado en 2025. |
4.12.2025 |
Non ten achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación EOI para a realización dun programa executivo en industria da defensa. |
22.12.2025 |
110.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia para a elaboración do Plan director da metalmecánica e outros instrumentos complementarios. |
22.12.2025 |
124.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a realización de actuacións específicas para o fomento da sustentabilidade no sector do granito durante o ano 2025. |
29.12.2025 |
140.006,00 € |
